Blog

31/01/2025


XORNADAS PREPARACIÓN TFG E TFM FEBREIRO

Como cada ano, a Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación convoca o curso Competencias informacionais e dixitais para o acceso e xestión da información académica para o alumnado de TFG e TFM, de apoio e orientación na procuras de información sobre un tema en artigos e monografías, na elaboración dunha bibliografía e citas segundo o formato da APA, e na creación de presentacións dinámicas.

É presencial e ten unha duración de catro horas onde haberá unha parte expositiva e outra práctica con asesoramento individual dentro da aula.

Prazo e lugar de matrícula: ata o 10 de febreiro a través do formulario 

Horarios (elixir só un dia):



  • Quenda de mañá (10 a 14 h): 12 de febreiro

  • Quenda de tarde (16-20 h): 11 de febreiro


Lugar de realización: Aula multimedia (andar -2). IMPORTANTE: DEBES TAER O TEU PORTÁITL.

Imparten: Inma Doval Porto (quenda de mañá) e Chus García García (quenda de tarde)

Contidos:

1. A PROCURA DE INFORMACIÓN. ACCESO AO TEXTO COMPLETO

• Normativa. Onde atopar TFG xa presentados.

• Onde e como buscar a información

• Analizarmos a necesidades de información

• Seleccionarmos as fontes

• Estratexia de busca

• Avaliación da información

• Da cita ao texto completo

2. FASE PRÁCTICA CON ASESORAMENTO INDIVIDUAL

3. XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA INFORMACIÓN. REFWORKS. REDACCIÓN DO TFG.

EVITARMOS O PLAXIO. ESTILO APA. A DEFENSA

• Principais xestores bibliográficos

• Refworks

• Evitarmos o plaxio

• Elaboración de citas e referencias bibliografía. O estilo APA e a citación xusta

• Obtención de imaxes copyleft

• Axudas do SNL

• Publicación no RUC

• Ferramentas útiles utilizando as TICs

• Presentacións dinámicas / Pósters