Este xoves 24 de abril, ás 16 horas, teremos con nós a Ànxela Lema París dentro dos encontros do club de lectura Nébeda da UDC. Falaremos de identidades non hexemónicas, das alianzas entre o capitalismo e as monogamias, de maternidades non-monógamas e de moito máis, da man dunha das coordinadoras do libro "O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias". Este volumen foi tamén coordinado por Andrea Nunes Brións e conta con textos de distintas autorías, entre elas de Brigitte Vasallo, Sara Villar Aira, Mario Regueira, María Reinó dez ou Lara Rozados. Convidámosvos!
