A Universidade da Coruña (UDC) asinou en febreiro de 2014 un convenio de colaboración coa Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), como membro de Fundation for Environmental Education (FEE) para a implantación dos procedementos de xestión ecolóxica baixo a bandeira verde GreenCampus. A FEE agrupa como membros a ONG de 65 países, e desde a súa fundación en 1982 desenvolve programas internacionais como Bandeira Azul (Blue Flag) ou as Ecoescuelas (Eco-schools). En Europa máis de 40 universidades participan desde 2007 no programa. A creación dun Comité Ambiental, a realización de eco-auditorías, a elaboración dun Plan de Acción e dunha declaración do compromiso ambiental, xunto co asesoramento, información, comunicación e avaliación continua, son os elementos chave da metodoloxía do GreenCampus. Os obxectivos para alcanzar viran ao redor de dez áreas de actuación: 1) optimización do consumo de auga e enerxía, 2) redución da xeración de residuos e recollida separada, 3) atención preferente aos RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos), 4) contaminación atmosférica, acústica e lumínica, 5) mobilidade sustentable, 6) alimentación saudable, 7) biodiversidade, 8) compra verde, comercio xusto e consumo responsable, 9) participación, sensibilización e voluntariado ambiental, e 10) ambientalización curricular da docencia e da investigación. DECLARACIÓN AMBIENTAL DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN PLAN DE ACCIÓN MEMORIAS GREEN CAMPUS RESULTADO AUDITORÍA AGUA FCCEE MARZO AMBIENTAL 2022 MARZO AMBIENTAL 2021 NOVAS GALERIA GREEN CAMPUS O alumnado do Comité Green Campus da Facultade de Ciencias da Educación fai as sguintes propostas para o próximo curso. Entre as fortalezas, destacan: A grande cantidade de luz natural da que goza a facultade grazas ao seu deseño arquitectónico e o material do teito, o que axuda a aforrar enerxía lumínica; A ampla disposición e boa sinalización das illas de residuos, o que fai máis doada a súa reciclaxe, e máis a existencia dun composteiro propio, o que permite reducir e aproveitar os desperdicios procedentes da cociña da cafetería. E entre as debilidades, sinalan: Algunhas billas dos baños do alumnado están mal reguladas, provocando un maior desperdicio da auga. A maioría dos produtos ofrecidos nas máquinas expendedoras son pouco saudables. A pesar de dispoñer de illas de residuos, é necesario seguir facendo campañas para que siga millorando a separación en orixe. Procurar acender a calafación os días calurosos. Xa que logo, proponse: Difundir información entre a comunidade universitaria acerca de como distribuír os residuos en cadanseu contedor, tendo en conta que en moitos lugares de Galicia predomina o modelo Sogama para a xestión de residuos, fronte ao modelo Nostián empregado polo Concello da Coruña. En relación coas máquinas expendedoras, proponse por un lado, incentivar a reciclaxe mediante a implantación dunha máquina que permita devolver envases como botellas de plástico e latas, a cambio dun pequeno beneficio, como pode ser parte do custo do produto, descontos en cafetería, reprografía... Tamén se podería levar a cabo algunha campaña de sensibilización en canto ao uso de plástico e/ou “regalar” botellas sostibles da facultade, como se fixo coas mascarillas para a Covid. Polo outro, proponse incorporar a estas máquinas produtos máis saudables, como froitas. Fomentar hábitos de alimentación máis saudables, que impliquen un menor procesamento industrial e liberación de CO2 ao entorno debido á súa fabricación e transporte. Facer un estudio para comprobar si os secadores de mans nos aseos son máis eficientes que o uso de papel. Habilitar unha zona na facultade onde compartir/vender/ceder apuntes comprados en reprografía en cursos anteriores, para así reducir o consumo de papel e diñeiro. Concienciar á comunidade no seu conxunto sobre a importancia de reducir o consumo eléctrico, a través de carteis informativos, e promovendo distintas accións como apagar as luces cando non se están usando, sobre todo nos aseos, e tamén nas aulas, recomendándose dar clase coas persianas abertas (moitas veces pechadas). Tamén se poderían colocar luces con sensor nos aseos e zonas comúns pouco transitadas, para evitar ter as luces acesas todo o día sen que chegue a empregalas moita xente. Apagar a calefacción naquelas semanas nas que, aínda en tempos de outono e inverno, a temperatura chega a ser moi elevada. Adquirir enerxía verde das compañías eléctricas e/ou instalar paneis solares. Promover medios de transporte (máis) sostible, como son o emprego da bicicleta, o servicio de transporte público como o bus e o tren, aproveitando o apeadoiro da universidade, ou vehículo compartido para ir á facultade. ECOAUDITORÍA DA AUGA 2023 Dentro do marzo ambiental celebrouse na Facultade de Educación un obradoiro sobre a ecoauditoría da auga na Facultade, primeiro se fixo unha explicación na aula sobre a actividde a realizar e posteiormente por grupos se midió o caudal das billas dos baños de toda a Facultade, os resultados poñen de manifestó que a mayoría estaban ben reguladas, os datos quedaron rexistrados na aplicación de EMAPIC. Verónica Torrijos, da Oficina de Medioambiente da Universidade da Coruña guiou a actividade. En primeiro lugar, Verónica conceptualizou o termo de contaminación acústica e definiu ruído, son, intensidade, ton e frecuencia. Acorde con Verónica Torrijos, a Organización Mundial da Saúde establece o límite de ruído en 50 dB. En primeiro lugar, Verónica conceptualizou o termo de contaminación acústica e definiu ruído, son, intensidade, ton e frecuencia. Acorde con Verónica Torrijos, a Organización Mundial da Saúde establece o límite de ruído en 50 dB. Palestra ao cargo de Manuel Soto da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña. Vivimos nunha emerxencia global ambiental, cunha perda da biodiversidade e unha mudanza climática intimamente relacionadas. Hai una aceleración do uso dos recursos debido ao modelo capitalista estendido mundialmente. Os ecosistemas acuáticos son os que sofren as maiores perdas de biodiversidade. O inverno de 2022 foi o máis seco do século. Resumamos como facer unha ecoauditoría no propio fogar: 1. Charlamos coa familia ou compañeiros de piso para poñernos de acordo e dar a nosa opinión. 2. Miramos as facturas para coñecer os volumes consumidos. 3. Facemos un inventario dos equipamentos e hábitos. 4. Tomamos medidas de caudais e volumes. Lémbrate de apuntalo todo! 5. Facemos un balance do consumo e un programa de prevención. Por último, consideramos as distintas opcións que podemos adaptar ao consumo do fogar para conseguir unha diminución do consumo de auga. Para isto temos que identificalas, ordenándoas polo seu potencial; avaliando a viabilidade técnica, económica e práctica de implantar estas medidas. Por David Posada Fernández, bolseiro de Green Campus. María, educadora da ambiental da Asociación para A Defensa Ecolóxica De Galiza (ADEGA), impartiu un Obradoiro o día 15 de marzo de 2022 na Facultade de Ciencias da Educación. O obradoiro realizouse en dúas partes: Na primeira parte, a poñente realizou unha exposición sobre o concepto de “compostaxe”, o programa de acción ambiental, e diferenciou os 3 diferentes modelos de xestión de residuos en Galicia: o modelo Sogama, (presente en case a totalidade dos concellos) e os modelos Nostián e Barbanza, presente en diversas localidades. María comentou que ADEGA colaborou previamente e colabora na realización de programas de compostaxe; como o roteiro da terra que se realiza na Universidade da Coruña. O día 29 de novembro de 2021 as bolseiras e bolseiros da Oficina de Medioambiente e Green Campus estiveron realizando a caracterización de residuos na Facultade de Ciencias da Educación, finalizando a semana europea de prevención dos residuos. Tras dita caracterización obtívose que existen evidencias de mala separación. De feito, atopouse unha mestura de residuos orgánicos con envases, o que fai imposible a recuperación de cada fracción. Por outro lado, os vasos das máquinas deposítanse na fracción resto (amarela no modelo Nostián), pois ao mesturar con Papel/Cartón ensucian e impiden a recuperación do Papel/Cartón ben depositado. Ademais, cómpre salientar a aparición de pilas nos contedores amarelos, sendo necesario depositalas nos contedores específicos para pilas. Por último, tamén se atoparon residuos de medicamentos mal depositados nos contedores amarelos, cando este tipo de residuos conta co seu propio punto de recollida: o punto Sigre das farmacias. Por David Posada Fernández, bolseiro de Green Campus, curso 2021-2022 Con motivo da celebración do marzo ambiental do ano 2022: “Campus, casa, cidade, Laboratorios do cambio”, o día mércores 8 de marzo de 2022 realizouse un obradoiro na facultade de ciencias de educación en Elviña sobre cartografía e Emapic, unha aplicación que ofrece a posibilidade de realizar enquisas sobre ideas, coñecementos ou percepcións diversos individuos segundo as diferentes zonas xeográficas. Alberto Varela guiou o obradoiro no que houbo un número elevado de participantes. A exposición dividiuse en varias seccións: Unha primeira sección sobre a historia da cartografía, na que se describiron os primeiros mapas a nivel mundial e as orixes da cartografía galega. Unha segunda parte sobre as diferentes aplicacións de libre acceso existentes para crear mapas e a descrición dun proxecto desenvolto pola Xunta de Galicia: “Galicia nomeada”. Asistentes no obradoiro. Por último, Alberto Varela comentou que a aplicación “Emapic” comezou a ser empregada por diversas organizacións, como: a Oficina de Medioambiente da UDC, CODDEFFAGOLF... En Galicia actualmente “Emapic” está sendo usada para medir os impactos ambientais, determinar a pegada ecolóxica, o consumo da auga en domicilios, etc. O Obradoiro de elaboración de comprestelas realizouse na aula de usos múltiples (planta ‐3) da Facultade de Ciencias da Educación o día 10 de marzo de 2022, en horario de 17:00 a 20:00 h. Contou cunha alta participación de alumnas, ademais da profesora que impartía o curso, Alicia, procedente do proxecto “Xerminando”. Neste obradoiro realizáronse compresas de tea, a partires de materiais que deixaron de ter o seu uso orixinal, como camisetas vellas e teas de paraugas rotos. O obxectivo da elaboración das compresas de tea é o de minimizar o impacto contaminante dos plásticos, presentes tanto en compresas coma nos aplicadores dos tampóns que se venden nos supermercados. Deste xeito, coa celebración deste Obradoiro e as compresas realizadas, dase cumprimento ao Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número12: produción e consumos responsables, promovéndose así o uso de compresas de tea reutilizables e respetuosas co medio ambiente. O 20 de novembro de 2019 realizouse unha caracterización de residuos na Facultade de Ciencias da Educación con motivo da Semana Europea de Prevención dos Residuos para estudar a composición das distintas fraccións in situ e analizar a calidade da separación en orixe, rexistrando o estado respecto a cursos anteriores. Nas últimas dúas fotografías, hai unha balanza con botellas de auga: mostra o peso sen auga e arrugadas (ben feito) e con auga (mal feito). Isto é importante para a xestión de residuos: Nos próximos días, haberá unha exposión de residuos, que recolle mostras reais obtidas na caracterización de residuos, mostrando evidencias da mala/boa separación en orixe. Acompáñase de paneis informativos do modelo de separación da UDC e Concello de A Coruña. Pásate a ver a exposición pola Facultade e avalía se estás realizando correctamente a separación de residuos! Tamén haberá xornadas informativas nas aulas, dirixida especialmente a alumnado de 1º curso, para a sensibilización e resolución de dúbidas sobre a recollida separada de residuos, a cargo do persoal da OMA. Concentración do persoal da Facultade de Ciencias da Educación apoiando a Semana do Clima. Dentro das actividades levadas a cabo na Facultade do curso "Educando para a Sustentabilidade", fíxose unha auditoría do consumo de auga, e unha vez analizados os datos, reguláronse as chaves de paso para reducir o caudal de auga, e finalmente deuse información para a mellora do consumo, e tamén como facer nos hogares para aforrar auga. Celebrada o 5 de Febreiro, sobre o uso sostible das TIC e ferramentas para a xeoreferencia participativa. Foi impartida polo profesor Alberto Varela, da Escola de Camiños. Pertenece á serie de obradoiros "Educando para a sustentabilidade" 2019, que se están facendo na nosa Facultade, no que colabora Green Campus. Para máis info sobre o modelo de Xestión de residuos da Coruña e consorcio das Mariñas, o modelo Nostián (Moito ollo! Que é diferente ó modelo sogama, presente no resto de comarcas) visitade o seguinte enlace e no Facebook de Green Campus da nosa facultade: O principal obxectivo desta actividade foi o co?ecer e cuantificar o consumo de auga e os seus impactos asociados. Tanto nos nosos fogares como nos centros da UDC existe unha ampla marxe á mellora: da man da Oficina de Medio Ambiente co?ecimos unha serie de boas prácticas e tamén as medidas para o aforro de auga que se están a tomar na UDC, por exemplo o axuste do caudal, a instalación de aireadores ecoeficientes, ou a muda de billas e cisternas de dobre carga. No obradoiro fixemos a práctica de algunhas destas medidas, tamén aplicamos a ferramenta web de mapeo participativo do consumo de auga na cidade, e propúxosenos levar a cabo a auditoría da auga dirixida á minimización nos nosos fogares.
O programa Green Campus na UDC
DECLARACION AMBIENTAL DE LA FACULTAD
CONVOCATORIAS REUNIÓNS DO COMITÉ AMBIENTAL
ACTAS DEL COMITÉ AMBIENTAL
EVIDENCIAS GREEN CAMPUS
Proposta de actuacións para o curso 2023/2024 do alumnado do Comité Green Campus
MARZO AMBIENTAL 2023
Actividade do marzo ambiental sobre “Alimentación sostible e saudable” impartida polo equipo de Nutriciona, que se celebrou o 14 de marzo na Facultade de Ciencias da Educación.
MARZO AMBIENTAL 2023
Como preludio do Marzo Ambiental 2023, que este ano se concentra entre os días 20 e 30 de marzo, o martes 7 de marzo celebruse a palestra: A NOSA PEGADA ECOLÓXICA E PEGADA HÍDRICA, impartida na Facultade de CC. da Educación (Elviña).
MARZO AMBIENTAL 2022:
22 de marzo: Mapeo de contaminación acústica. Verónica Torrijos, Oficina de Medioambiente da Universidade da Coruña.
O martes 22 de marzo de 2022 realizouse un obradoiro de mapeo de contaminación acústica nos arredores da universidade, en concreto, na Facultade de Ciencias da Educación (Elviña).
MARZO AMBIENTAL 2022:
29 de marzo: Ecoauditoría da auga na Facultade de Ciencias da Educación. Manuel Soto, director da Oficina de Medioambiente da Universidade da Coruña.
MARZO AMBIENTAL 2022:
Obradoiro sobre residuos, reciclaxe e compostaxe.
Caracterización de residuos
Crónica: TICs e xeorreferencia participativa Alberto Varela, CartoLab UDC.
OBRADOIRO: Elaboración de Comprestelas. Proxecto “Xerminando”.
Actividade: A nosa pegada ecolóxica e pegada hídrica (22/02/2022)
Caracterización de residuos
Iniciativa da Facultade de Ciencias da Educación ante a Emerxencia Climática
Educando para a Sustentabilidade
Charla TICs
O.M.A
Esta semana tivemos montada na planta -1 da nosa facultade unha exposición sobre a actividade de caracterización de residuos que realizamos os/as bolseiros/as da O.M.A coa colaboración de Green Campus.Impacto ambiental na UDC
O alumnado de 3ºB do Grao de Educación Primaria durante as sesións sobre impacto ambiental na UDC organizadas polo Área de Didáctica das Ciencias Experimentais.Obradoiro de Auditoría da auga na casa e no centro.
Actividade sobre residuos na Facultade
Bandeira