Seguindo as instrucións do Sr. Decano, convócase a unha reunión virtual extraordinaria da Comisión de Titulación do Grao en Educación Primaria, Educación Infantil, Logopedia e Educación Social. A reunión ten un único punto como orde do día: ORDE DO DÍA 1. Aprobación, se proceder, das temáticas de TFG para o curso 2020/2021. Nos vosos correos tedes a listaxe das temáticas das distintas titulacións. No caso de que algún membro da Comisión solicite que a reunión se faga por Teams para debater calquera aspecto, enviaríasevos un novo correo convocando á Comisión para os próximos días. A data límite para dar o visto bo ou para solicitar que a reunión se faga por Teams será o mércores 4 de novembro ás 13h. Se non se reciben obxeccións nese prazo, entenderase que a proposta foi aprobada por asentimento. A Coruña, a 03 de novembro de 2020,
04/11/2020
04/11/2020 CONVOCATORIA DE COMISIÓNS DE TITULACIÓN (TEMÁTICAS TFG)
Universidade da Coruña
Campus de Elviña s/n, 15071, A Coruña
Télf. 981167000 (Extensión:4795) - Correo electrónico: eduvice.tfg@udc.es