Novas

24/11/2020
ROMPENDO REGRAS

O Grupo de Traballo de Igualdade na nosa Facultade traballará durante todo o ano académico no Proxecto Rompendo Regras. É un proxecto aberto e participativo de co-creación que convida a sumar iniciativas de alumnado, profesorado e persoal de servizos no eido da menstruación. O nome foi seleccionado con 159 votos dun total de 275. 

Ten como obxectivos:  

    • Visibilizar a menstruación cuestionando o modo de vivila e construíla socialmente e as súas repercusión na natureza. 
    • Construír un proxecto aberto e participativo de co-creación que invite sumar iniciativas de alumnado, profesorado e persoal de servizos no eido da menstruación. 

Co gallo do 25N imos traballar a violencia menstrual mediante dúas accións: creación de cartaces provocativos que representen gráfica ou visualmente as violencias machistas expresadas na menstruación e a realización do Obradoiro de Educación menstrual "Pingas coloradas" a cargo de Noelia Darriba García (AtalaiA Social), o 2 de decembro de 10:30 a 12:00 no Salón de Graos da Facultade?de?Ciencias?da?Educación. 

 

Ofrecemos difundir calqueira acción vinculada o 25N contra as violencias machistas, levada a cabo na nosa Facultade, a través das redes sociais.  


Continuará cunha investigación de “Fotovoz”, unha modalidade de Investigación-Acción Participativa que se serve da fotografía para construír coñecemento colectivo e prácticas transformadoras aumentando os vínculos comunitarios e fortalecendo as interdependencias. 

Igualmente, está aberto a suxestións de actividades, tanto para ser realizadas desde o Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero, como para apoiar a execución doutras a desenvolver de xeito mais independente por alumnado, profesorado ou persoal de servizos. 

Na web do Grupo de Igualdade tedes toda a información, así como no Instagram@ollarmosvioletahttps://rompendoregras.wordpress.com/