Novas

24/11/2020
OBRADOIRO DE EDUCACIÓN MENSTRUAL: "PINGAS COLORADAS" E CREACIÓN DE CARTEIS PROVOCATIVOS

Co gallo do 25N imos traballar a violencia menstrual mediante dúas accións: 

Carteis provocativos que representen gráfica ou visualmente as violencias machistas expresadas na menstruación: silenciamento, estigma, asco, discriminación económica, etc. 

A data de presentación é do 24 de novembro ao 9 de decembro 2020 en Instagram. Etiquétanos sempre @ollarmosvioleta #rompendoregras_udc engade #carteisprovocativos_udc 

No obradoiro de Educación menstrual "Pingas coloradas" tratarase o tema da menstruación dende unha mirada educativa e feminista que rompa as barreiras e deixe de poñernos coloradas. Realizado por Noelia Darriba García (AtalaiA Social) educadora social e facilitadora da Terapia do Reencontro. 

Data 2 de decembro de 2020 de 10:30 a 12:00 no Salón de Graos da Facultade?de?Ciencias?da?Educación. 

Destinatario: Alumnado da Facultade (60 prazas). 

Preinscrición do 24 ao 30 de novembro a través do formulario que se presenta a continuación: https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=PuqhzrJgdU-mwqYCLo-WG9utgr_M4PJGvAgj-YzUY-lUMTM2VklQTk5JTU44OUpHS1Y5UUtESEM5UC4u 

Na web do Grupo de Igualdade tedes toda a información, así como no Instagram@ollarmosvioletahttps://rompendoregras.wordpress.com/