Novas

08/03/2021
8Menstrual / XORNADAS EN VERMELLO

 

O Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación organiza o evento 8Menstrual, que se desenvolverá o día 8 de marzo, desde as 16:00 as 21 horas, vía Instagram, no seu perfil @ollarmosvioleta. O tema central será a menstruación, que será abordado de forma interdisciplinar, desde a saúde, a ecoloxía, a arte, a literatura, a educación, a investigación e o deporte. Abrirán as xornadas a Vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC e a Directora da Unidade de Igualdade da UVIGO.   

As xornadas serán un espazo para nos achegar á igualdade de dereitos desde a menstruación. Nesta ligazón pódese ler a nosa visión:

O programa pode consultarse en:

https://rompendoregras.wordpress.com/2021/03/02/escaleta-8menstrual-de-ollarmosvioleta/