Novas

12/03/2021
12/03/21 - XUNTA DE FACULTADE

Seguindo as instrucións do Sr. Decano, convócase Reunión Ordinaria da Xunta de Facultade de Ciencias da Educación, que terá lugar a través de Teams o vindeiro venres 12 de marzo de 2021, ás 12.15 h. en primeira convocatoria e ás 12.45 h. en segunda, coa seguinte orde do día: 

ORDE DO DÍA 

  1. Lectura e aprobación, se proceder, das Actas da sesións anteriores (30 de xullo, 15 de outubro, 29 de outubro, 18 de decembro de 2020 e 4 de febreiro de 2021). 
  2. Constitución da nova Xunta de Facultade
  3.  Informe do Decano.
  4. Aprobación, se proceder, do calendario de exames da convocatoria de xuño das titulacións do Centro por mor da celebración das probas ABAU os días 8, 9 e 10 de xuño.
  5. Aprobación, se proceder, da memoria económica do ano 2020.  
  6. Aprobación, se proceder, da proposta de distribución do orzamento para o ano 2021. 
  7. Aprobación, se proceder, da memoria xustificativa e económica do Mestrado en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas patoloxías.
  8. Aprobación, se proceder, da proposta de límite de admisión de estudantes nas titulacións de Grao e Mestrado para o curso académico 2021-2022 
  9. Aprobación, se proceder, da solicitude de modificación do PDA.
  10. Asuntos de trámite.
  11. Quenda aberta de intervencións. 

    A Coruña, 10 de marzo de 2021 

    A secretaria académica 

    Montserrat Durán Bouza 

    Accédese ás Actas das sesións anteriores, ás listaxes de asistencia, e a documentación a tratar nos puntos da orde do día PREMENDO AQUÍ 

    Recomendamos que ao inicio da sesión manteñan pechados o micro e a cámara, e que a palabra se pida a través do Chat.