Novas

26/03/2021
26/03/2021-COMISIÓN TITULACIÓN GRAO EN LOGOPEDIA

Seguindo as instrucións do Sr. Decano, convócase a unha reunión ordinaria da Comisión de Titulación do Grao en Logopedia que terá lugar a través da aplicación Teams o vindeiro venres 26 de marzo de 2021, ás 10.00 h., coa seguinte orde do día:  

ORDE DO DÍA 

1. Lectura e aprobación, se proceder, das actas das sesións anteriores (4 novembro e 3 decembro 2020) 

2. Informe do Decano. 

3. Valoración e medidas sobre a expulsión de estudante en prácticas do practicum II. 

4. Proposta e aprobación, se proceder, de modificación do documento marco para o curso 2021-2022 para a inclusión das medidas a adoptar en caso de expulsión dun estudante do centro de prácticas asignado. 

5. Quenda aberta de intervencións. 

A Coruña, a 23 de marzo de 2021. 

A Secretaria Académica 

Montserrat Durán Bouza