Novas

28/06/2021
DÍA DA DIVERSIDADE SEXUAL
Dende o grupo de traballo en Igualdade da Facultade sumámonos á campaña Liberdade de ser e sentir!, impulsada dende a área de Igualdade da Deputación da Coruñacoa finalidade de sensibilizar, concienciar e reivindicar o día da diversidade sexual, que será o 28 de xuño.

 

Como sabedes,  a campaña Liberdade de ser e sentir! impulsada dende a área de Igualdade da Deputación da Coruña botou a andar esta semana e vós sodes parte importante dela!

Dende Ser e sentir! queremos convidarvos a que visitedes a nosa web seresentir.gal onde atoparedes un feixe de recursos que podedes compartir. Animámosvos a que a visitedes e botedes un ollo á programación que se desenvolverá ao longo do mes de xuño.

Entre outros recursos podedes atopar contacontos, vídeos presentación de colectivos LGTBQI+, refrescar conceptos coas pílulas divulgativas que iremos colgando ao longo do mes ou  desafiarvos no  "rosco pasapalabra"  arredor de termos relacionados coas diversidades sexuais.

Todos estes recursos e moitos máis, que iremos publicando ao longo destas semanas, están á vosa disposición para que consultedes, gocedes e espalledes nos vosos colectivos e nas vosas redes sociais empregando os cancelos #seresentir e #DeputacióndaCoruña coa finalidade de sensibilizar, concienciar e reivindicar o día da diversidade sexual.

Aproveitamos para lembrarvos que na área privada da web (na que vos destes de alta cando formalizastes a adhesión) poderedes descargar a imaxe gráfica e o deseño dos diferentes aplicativos (carteis, adhesivos, bolsas, camisetas, dípticos, chapas, roll-up e bandeirolas) por se queredes realizar algún tipo de material promocional. Porén, ao longo da vindeira semana recibiredes, no enderezo postal que facilitastes,  un lote de material composto por: bandeira coas cores do arco da vella, pulseiras e adhesivos.

Por último dicirvos que, se tedes algunha dúbida  ou se queredes achegarnos algunha suxestión, estamos á vosa disposición neste correo electrónico ou ben no teléfono 646 908 177.

Moitas grazas pola vosa colaboración!