Ara Sol ROMERO e Antía SOTO son dúas Educadoras Sociais recentemente egresadas da nosa facultade. As dúas alumnas descubriron a cartografía social de máns da profesora Laura Cruz López no marco da súa materia “Colectivos Vulnerables”. Ese mundo aberto ante elas levoulles a argallar un proxecto chamado “E NON ERA OURO: UNHA EXPERIENCIA DE CARTOGRAFÍA EMOCIONAL NA CIDADE DE BETANZOS”. Nel mapearon a cidade e realizaron case un centear de entrevists a mulleres e homs que traballaban e/ou vivían en Betanzos (maiores todos eles de 18 anos). Con este proxecto están a piques de volcar toda a información sobre o mapa e para materalizalo nun libro. Agora ofrecennos a posibilidade de visualizar o seu traballo nun vídeo con dous pases nas seguintes datas:
11/01/2022
Proxeccion e coloquio da curtametraxe E NON ERA OURO