Premio We Sea?UDC ao mellor traballo de fin de mestrado da Universidade da Coruña O 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, a Universidade da Coruña vén de entregar “I Premio We Sea?UDC aos mellores traballos de fin de grao e traballos de fin de mestrado en materia de sustentabilidade e economía circular”: https://www.udc.es/gl/novas/Os-estudantes-Jose-Francisco-Diaz-e-Laura-Mendez-recibiron-os-Premios-We-Sea-UDC-ao-mellor-traballo-de-fin-de-grao-e-de-master-en-sustentabilidade/ Na Modalidad Traballos Fin de Mestrado (TFM), a alumna Laura Méndez Casal do Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria (Facultade de Ciencias da Educación) obtivo o primeiro premio co seu traballo titulado "Impacto ambiental na Ría do Burgo: Unha intervención de Educación Ambiental en sexto de educación primaria".
05/06/2023
Laura Méndez Casal: Premio ao mellor TFM da UDC