Novas

30/11/2023
Acto de entrega de premios do concurso de carteis: Reduzamos o uso do ascensor!

O salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación acolleu o 30 de novembro de 2022 o acto de entrega de diploma á gañadora do concurso de carteis Reduzamos o uso do ascensor!, Marta Naveira Pérez.  

Este concurso foi convocado polo Comité Ambiental Green Campus da Facultade de Ciencias da Educación e presentáronse 5 participantes (por orde alfabética), representando, ademais, a todas as titulacións de Grao do centro:  

  1. Cristina Carreira Menéndez (Grao en Educación Social) 
  2. Andrea González Pereira (Grao en Logopedia)  
  3. Lucía Méndez Cernadas (Grao en Educación Primaria) 
  4. Marta Naveira Pérez (Grao en Educación Infantil) 
  5. Sonia Rodríguez López (Grao en Logopedia) 

No acto participaron o decano da Facultade de Ciencias da Educación, Manuel Peralbo, o coordinador do programa Green Campus da Facultade, Pedro Vega, e o director da Oficina de Medio Ambiente, Manuel Soto. Ademais, estiveron presentes a gañadora do concurso Marta Naveira Pérez e unha das participantes, Andrea González Pereira. 

Nas próximas datas farase unha pequena exposición na Facultade de todos os carteis participantes e o cartel ganador situarase nas zonas de ascensores do Centro.  

Juan Rivadulla López
Vicedecano de TFG, Estudantes e PAT