10/06/2024 |
Xornada Divulgativa sobre a Docencia e Investigación das Linguas de Signos |
O luns 10 de xuño, de 16 a 19.30h terá lugar no salón de actos da facultade unha xornada divulgativa sobre a docencia e investigación das linguas de signos. Os poñentes invitados son investigadores de prestixio internacional: o profesor Christian Rathmann, da Humboldt University (Berlín) e a profesora Ronice Müller de Quadros, da Universidade Federal de Santa Caterina (Florianópolis, Brasil)
O acto será accesible en español, signos internacionais e lingua de signos española. Achégase o programa para consulta.
María Bao
Departamento de Psicoloxía, Área de Psicoloxía Evolutiva e da Educación
|
|