Novas

26/05/2025
A Metodoloxía Procc - Ferramentas fronte os desafíos profesionais na acción comunitaria
O vindeiro Luns, día 26 de Maio do ano en curso, ás 13:00h. terá lugar no Salón de Graos da Facultade unha conferencia de interés para profesores e profesoras, así como estudiantes do Grao de Educación Social, e Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS). A conferencia será impartida por Alfredo Waisblat Wainberg, sobre "A Metodoloxía Procc - Ferramentas fronte os desafíos profesionais na acción comunitaria".
 
Aqueles que queiran asistir poden cumplimentar o formulario seguinte:
 
Aos asistentes se lles expedirá un certificado de asistencia.
 
Para coñecer máis sobre esta proposta metodolóxica podedes consultar os documentos adxuntos, así como visitar a web do proxecto: https://www.procc.org/
 
Saúdos cordiais
 
Ricardo Garcia Mira & Maria Barba Núñez
Coordinadores do evento