19/06/2025 |
Convocatoria Xunta de Facultade |
Seguindo as instrucións da Sra. Decana, convócase Reunión Ordinaria da Xunta de Facultade de Ciencias da Educación, que terá lugar no Salón de Graos o vindeiro xoves 19 de xuño ás 10.30h, coa seguinte orde do día:
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación, se proceder, das Actas das sesións anteriores (20/02/2025 e 25/03/2025).
- Informe da Decana.
- Aprobación, se proceder, da Normativa para a Organización da Docencia nos Graos para o curso académico 2025/2026.
- Aprobación, se proceder, da ocupación de aulas para o curso académico 2025/2026.
- Aprobación, se proceder, dos calendarios do centro (Académico, Practicum, TFG/TFM) para o curso académico 2025/2026.
- Aprobación, se proceder, dos horarios de clases e exames das titulacións de Grao do Centro para o curso 2025/2026.
- Aprobación, se proceder, do Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Grao.
- Aprobación, se proceder, do Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Mestrado.
- Aprobación, se proceder, da proposta de renovación do profesor Eduardo Pásaro Méndez como profesor Emérito da UDC.
- Aprobación, se proceder, da proposta de renovación da profesora Alicia Gloria Risso Migues como profesora Honoraria da UDC.
- Aprobación, se proceder, da proposta de incorporación do profesor Narciso Antonio de Gabriel Fernández como profesor Emérito da UDC.
- Debate e aprobación, se proceder, do calendario e procedemento para a renovación das comisións delegadas da Xunta de Facultade.
- Asuntos de trámite.
- Quenda aberta de intervencións.
A Coruña, 17 de xuño de 2025
O Secretario
Juan Rivadulla López |
|