| 05/02/2026 |
| Renovación da bandeira verde da Facultade de Ciencias da Educación |
|
A Facultade de Ciencias da Educación vén de renovar a súa Bandeira Verde por un período de dous anos máis. Un recoñecemento que nos enche de orgullo e que confirma que imos polo bo camiño no coidado do medio e na mellora da calidade ambiental do noso centro.
Este logro é de todas e todos. Por iso, desde o Comité Ambiental queremos agradecer a vosa participación e compromiso coa sustentabilidade da Facultade. Grazas ás pequenas accións do día a día e ao traballo conxunto da comunidade universitaria —alumnado, PDI e PTXAS— seguimos avanzando cara a un campus máis responsable.
Seguiremos impulsando iniciativas e eco-compromisos baseados nos principios do Desenvolvemento Sostible, coa idea non só de concienciar, senón de actuar e reducir entre todas e todos o noso impacto ambiental, tanto na Facultade como no conxunto do Campus.
|
| |