Novas

29/04/2026
Xornadas de Orientación de Educación Social
A Facultade de Ciencias da Educación organiza as Xornadas de Orientación de Educación Social, dirixidas especialmente ao alumnado de 4º curso pero abertas á participación de calquera persoa interesada na proxección profesional da educación social.
Ao longo da xornada abordaranse cuestións relacionadas coa procura de emprego, oportuniddes formativas, as prácticas Erasmus e o desenvolvemento profesional na Educación Social, contando con servizos da Universidade que achegan oportunidades formativas e laborais nesta primeira etapa de transición cara o emprego, profesionais que nos compartirán dende a súa experiencia os seus itinerarios, e co Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
As xornadas celebraranse o mércores 29 de abril, en horario de 10:30 a 13:00 horas, na Aula 2/5 da Facultade de Ciencias da Educación.