Novas

04/06/2026
Aberto o prazo de inscrición das II Xornadas de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, no marco do Mestrado de Formación Permanente en Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá, organiza as II Xornadas de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá, que terán lugar o vindeiro 3 de xullo de 2026 no Salón de Graos da Facultade.

A participación nas Xornadas é de character gratuíto e constitúen unha oportunidade formativa relevante para todas aquelas persoas interesadas no ámbito do desenvolvemento infantil e a intervención temperá. A inscripción nas mesmas débese solicitar antes do día 23 de xuño a través do QR.

Estas xornadas nacen co obxectivo de consolidar un espazo de reflexión interdisciplinar no que dialoguen distintos marcos teóricos e modelos de intervención recoñecidos a nivel internacional, todos eles cun elemento en común: o papel fundamental dos contextos no desenvolvemento infantil.

A actividade está dirixida a profesorado, estudantado e profesionais vinculados aos ámbitos da educación, da logopedia, da psicoloxía, da fisioterapia, da terapia ocupacional e da intervención socioeducativa, e busca promover o intercambio de coñecementos e a actualización das prácticas en atención temperá.

O programa inclúe conferencias impartidas por especialistas de referencia, como Sonsoles Perpiñán, Lidia Rodríguez García ou Adriana Díaz Argüello, así como un workshop centrado en experiencias de intervención en atención temperá no que participarán diferentes profesionais do ámbito.

Con esta iniciativa, a Facultade de Ciencias da Educación reafirma o seu compromiso coa formación continua e coa difusión de coñecemento científico e profesional nun ámbito clave para o benestar infantil e familiar.

Descarga o programa aquí

QR de inscripción: