Información xeral

O Mestrado ten por obxecto afondar na formación especializada de profesionais no ámbito da educación formal ou non formal en relación ás distintas áreas disciplinares (Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica da Matemática), contemplando tamén e de forma especial o carácter interdisciplinar.

Este mestrado, ademais de atender á innovación educativa, á formación AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras) e a o uso adecuado das novas tecnoloxías, achégase á iniciación á investigación educativa nas diferentes áreas antes citadas e abre as portas á realización de posteriores investigacións (tese de doutoramento)

Obxectivos

  • Promover a innovación en Didácticas Específicas e a súa interdisciplinariedade.
  • Incidir na formación AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras), así como na utilización de novas tecnoloxías nas aulas de Educación Infantil e Primaria.
  • Iniciar na investigación educativa.

A quen vai dirixido?

  • Profesorado de Educación Infantil e Primaria que acaban de rematar os seus estudos e tamén aos profesionais en exercicio interesados en actualizar a súa formación.
  • Outros profesionais interesados na educación.

 

Coordinadora: Susana García Barros (susana.gbarros@udc.es)