Preinscrición

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao mestrado e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

20 prazas ofertadas no curso 2019/2020

 

Criterios e procedementos de admisión

Para a admisión de solicitantes establécese un baremo no que se considera a nota media do expediente académico, o grao de afinidade da titulación achegada polo/a aspirante ás características do mestrado e a experiencia profesional no ámbito educativo.

Prazos

Os prazos xerais no curso 2019/2020 son:

 

Primeiro prazo

  • 1 de abril ao 10 de xullo de 2019: Preinscrición.
  • 26 de xullo ao 2 de agosto de 2019: Matrícula.

Segundo prazo

  • 19 de agosto ao 31 de agosto de 2019: Preinscrición.
  • 13 de setembro ao 20 de setembro de 2019: Matrícula.

Terceiro prazo

  • 26 de setembro ao 1 de outubro de 2019: Preinscrición.
  • 11 de outubro ao 18 de outubro de 2019: Matrícula.

Prazos especiais para o estudantado de sistemas universitarios estranxeiros alleos ao sistema universitario español:

  • 16 de xaneiro ao 30 de abril de 2019: Preinscrición
  • Primeiro prazo xeral (a determinar): Matrícula

Os prazos xerais están tamén dispoñibles neste calendario.