Benvida

O Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares pola Universidade da Coruña (UDC) cobre novas necesidades formativas derivadas das transformacións educativas do proceso de implantación da LOMCE, e da necesidade de dar resposta ás competencias da función directiva de centros escolares de acordo co Real Decreto 894/2914, de 17 de outubro, polo que se desenvolven as características do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva establecido no artigo 131.1.c) da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, así como os correspondentes cursos de actualización de competencias directivas. Establécese para formar profesionais directivos/as para o sistema educativo que poidan cumprir os requisitos que establece a LOMCE, así como para complementar a formación de profesionais que desempeñaron ou están a desempeñar na actualidade tarefas directivas, co obxectivo de que se especialicen en tarefas de xestión, dirección e innovación de institucións escolares, á vez que se da continuidade á súa formación académica e investigadora.

Coordinadora:

Eva María Espiñeira Bellón

Contacto:

Correo-e: mestrado.dixin@udc.es 
Teléfono: 88 101 1891

Accesos directos: