Competencias

BÁSICAS (ESTABLECIDAS PARA ESTUDOS DE MESTRADO EN XERAL)
• CB6: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, en moitas ocasións nun contexto de investigación.
• CB7: Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
• CB8: Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
• CB9: Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
• CB10: Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

 

XERAIS (ESPECIFICADAS NO RD 894/2014 DE DESENVOLVEMENTO DA FUNCIÓN DIRECTIVA E AS QUE DEPENDEN DAS MATERIAS DO MESTRADO ADEMÁIS DO ESTABLECIDO)
• G1: Analizar, organizar, xestionar e interpretar a información e a toma de decisións.
• G2: Facilitar a mediación, xestión e resolución de conflitos, fomentando a non violencia, a prevención da conflitividade e a convivencia.
• G3: Liderar e fomentar o traballo en equipo.
• G4: Xestionar o cambio e a innovación.
• G5: Organizar, xestionar e coordinar un centro docente.
• G6: Controlar e supervisar centros educativos.
• G7: Motivar a equipos de profesionais da educación.
• G8: Comunicar obxectivos e estratexias educativas.
• G9: Dirixir estratexicamente: planificar, implementar e avaliar plans e proxectos dos centros educativos.
• G10: Promover a formación do profesorado e a creación de redes de aprendizaxe colaborativa intra e interinstitucionais.
• G11: Integrar coñecementos e perspectivas para exercer a función directiva de maneira informada, xusta, crítica, comprometida, democrática, distribuída e solidaria.
• G12: Adquirir unha formación metodolóxica para realizar investigacións educativas.
• G13: Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación.
• G14: Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
• G15: Deseñar un proxecto de dirección.


TRANSVERSAIS (DENTRO DA PROPOSTA ESTABLECIDA POLA UDC)
• T1: Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
• T2: Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
• T3: Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
• T4: Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
• T5: Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
• T6: Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
• T7: Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
• T8: Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
• T9: Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

 

ESPECÍFICAS (ESTABLECIDAS EN CADA MATERIA PARA DAR RESPOSTA ÁS COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ESTABLECIDAS NO RD 894/2014 DE DESENVOLVEMENTO DA FUNCIÓN DIRECTIVA)

• E1: Examinar e interpretar a normativa aplicable aos centros docentes.
• E2: Fomentar a participación da comunidade educativa e a promoción da imaxe externa.
• E3: Avaliar la práctica docente.
• E4: Detectar necesidades de formación continua e propiciar respostas a nivel institucional como requisito asociado á mellora educativa.
• E5: Xustificar, planificar, propoñer e desenvolver programas de mellora da convivencia nos centros docentes.
• E6: Desenvolver, entre as propostas de boas prácticas, un liderado acorde coas necesidades dos centros educativos.
• E7: Desenvolver procesos de avaliación de programas, servizos e estratexias e recursos de intervención educativa en distintos contextos.
• E8: Redactar, presentar e defender proxectos de investigación e informes, memorias, regulamentos, así como outros documentos básicos que contribúan a organizar a acción escolar.
• E9: Analizar modelos e probas de avaliación empregadas nos sistemas educativos.
• E10: Comparar modelos de análise de materiais curriculares.
• E11: Analizar materiais curriculares e as súas relacións e implicacións en modelos e proxectos curriculares para as actuais sociedades do coñecemento e informacionais.
• E12: Analizar investigacións cualitativas en educación e discutir as súas implicacións.
• E13: Promover procesos de investigación-acción nos centros docentes e desenvolver a innovación educativa.
• E14: Xustificar a organización dos centros escolares por proxectos.
• E15: Utilizar e analizar ferramentas e instrumentos dixitais para facilitar a comunicación e a xestión nos centros.
• E16: Analizar criticamente o papel das tecnoloxías dixitais na innovación educativa.
• E17: Motivar, promover, coordinar e dirixir o desenvolvemento de boas prácticas e procesos de innovación escolar con tecnoloxías dixitais.
• E18: Organizar os recursos humanos, espaciais e temporais dos centros docentes.
• E19: Identificar os servizos complementarios e de apoio aos centros docentes.
• E20: Desenvolver a xestión económica e administrativa dun centro docente.
• E21: Valorar as habilidades sociais e emocionais na xestión dos centros docentes.
• E22: Identificar modelos de avaliación de centros docentes.
• E23: Desenvolver a autonomía, transparencia e rendición de contas nos centros docentes.
• E24: Deseñar plans de mellora e o fomento da calidade dos centros docentes.
• E25: Coñecer distintos tipos de metodoloxías que se empregan na investigación educativa, considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos.
• E26: Recoñecer a investigación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.
• E27: Valorar a importancia da planificación estratéxica nos centros docentes.
• E28: Argumentar a xestión por procesos nos centros docentes.
• E29: Interpretar a información pertinente sobre prevención de riscos laborais nos centros docentes.
• E30: Deseñar manuais de autoproteción dos centros docentes.
• E31: Propoñer áreas de mellora nos centros docentes.
• E32: Definir obxectivos, tendo en conta os recursos e a organización dos centros docentes.
• E33: Construír indicadores de logro nos centros docentes.
• E34: Describir situacións que suceden nun centro docente en relación coa súa dirección.
• E35: Interpretar e analizar o modelo de dirección seguido nun centro docente.
• E36: Establecer un compromiso ético deontolóxico a través dunha vinculación consecuente cos valores éticos da institución e institucionais e xestionar o centro de acordo cos principios éticos coherentes cun sistema democrático.
• E37: Coñecer as políticas, os modelos e as prácticas igualitarias de calidade e innovación educativa, para poder implementalas e promovelas nas súas institucións educativas.
• E38: Analizar e interpretar desde técnicas multinivel os caracteres máis relevantes dos sistemas educativos, desde un contexto transnacional global que permita comparacións complexas no ámbito da dirección e supervisión educativa.
• E39: Dispoñer dos marcos teóricos das políticas internacionais de educación, que posibiliten unha eficaz transferencia de boas prácticas para o sistema educativo español.
• E40: Deseñar un proxecto de dirección/investigación nas liñas temáticas establecidas nas diferentes materias do mestrado.