Criterios de acceso e admisión

Acceso e admisión
Para acceder ao ensino oficial de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de mestrado.
Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estas acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de mestrado.
Os/as estudantes poderán ser admitidos/as a un mestrado conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de mestrado universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.
A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de mestrado.

Requisitos de acceso comúns
A admisión ao mestrado virá definida por:
1. O grao de afinidade da titulación aos estudos de mestrado. Neste sentido, priorizaranse as seguintes titulacións: Grao en Educación Infantil, Grao en Educación Primaria, Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas e as titulacións extinguidas ou en proceso de extinción (Licenciatura en Psicopedagoxía, titulacións de Mestre, Diplomatura en Educación Social, Curso de Aptitude Pedagóxica -CAP- e Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas). Tamén consideraranse as titulacións afíns: Pedagoxía y Psicoloxía.
Como criterios específicos de admisión, establécese en primeiro lugar, que a admisión dos/das graduados/as ou diplomados/as en Educación Social terase en conta só no caso de que na Comunidade Autónoma de Galicia se aprobe un regulamento que permita acceder ás persoas destas titulacións a centros escolares e, en segundo lugar, que non poderá ser admitida ningunha persoa cun título que non se atope entre as titulacións prioritarias ou afíns mencionadas con anterioridade.
2. expediente académico dos estudos que se teñan cursado con anterioridade.
3. A experiencia profesional e investigadora no ámbito escolar das persoas aspirantes (que neste momento estean a exercer tarefas de xestión e dirección en institucións educativas como docentes).