Información xeral

QUÉ É E PARA QUÉ ME CAPACITA O MESTRADO UNIVERSITARIO EN DIRECCIÓN, XESTIÓN E INNOVACIÓN DE INSTITUCIÓNS ESCOLARES


O Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares pola Universidade da Coruña (UDC) cobre novas necesidades formativas derivadas das transformacións educativas do proceso de implantación da LOMCE e da necesidade de dar resposta ás competencias da función directiva de centros escolares de acordo co Real Decreto 894/2014, de 17 de outubro, polo que se desenvolven as características do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva establecido no artigo 131.1.c) da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, así como os correspondentes cursos de actualización de competencias directivas.
Establécese para formar profesionais directivos/as para o sistema educativo que poidan cumprir os requisitos que establece a LOMCE, así como para complementar a formación de profesionais que desempeñaron ou están a desempeñar na actualidade tarefas directivas, co obxectivo de que se especialicen en tarefas de xestión, dirección e innovación de institucións escolares, á vez que se da continuidade á súa formación académica e investigadora.

 

Denominación do título: Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Créditos:  60 créditos
Duración do título: 1 curso
Centro: Facultade de Ciencias da Educación
Responsable: Manuel Peralbo Uzquiano
Tipo de ensino: Pesencial
Prazas de novo ingreso: 20
Idiomas nos que se imparte o título: Castelán/Galego
Profesións reguladas para as que capacita o título: Ningunha