Practicum

O prácticum do máster leva consigo 150h de traballo, das cales 100h realízanse no centro educativo de prácticas e 50h dedícanse á elaboración da memoria de prácticas. Como norma xeral, o prácticum realízase no segundo cuatrimestre, pero pode adecuarse o horario ás necesidades e organización do centro.

O equipo directivo do centro receptor dos/das estudantes máis o/a titor/a da Facultade asinarán un proxecto formativo antes de iniciar as prácticas. Este proxecto será entregado á coordinación do máster.

Previamente á incorporación dos/das estudantes no centro de prácticas, os/as estudantes deberán encher un compromiso de confidencialidade que entregarán ao equipo directivo do centro e ao titor/a da Facultade.

Finalizadas as prácticas, o equipo directivo do centro avaliará aos/ás estudantes de acordo coa ficha de avaliación.

Os/as estudantes elaborarán unha memoria que se axustará ao guion establecido.