Preinscrición

 

Solicitude de preinscrición:
A solicitude de preinscrición realizarase a través do formulario en liña da web da UDC: https://matricula.udc.es/preinsMaster/identif.asp
As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos extranxeiros, de sistemas educativos alleos ao EEES, deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas línguas oficiais na UDC, legalizada ou coa apostilla de La Haya:
a) Título que da acceso ao mestrado.
b) Certificado expedido por autoridade competente que exprese que o título do que estea en posesión o/a interesado/a facilita, no país expedidor deste, para o acceso a ensinanzas de mestrado ou de posgrao; excepcionalmente, e de forma motivada pola persoa interesada, poderase substituír por unha declaración responsable, de acordo co disposto no artigo 69.1 da LPAC e segundo o modelo publicado no anexo correspondente da Normativa de Xestión Académica.
c) Certificación académica.

Criterios e procedementos de admisión:
A admisión ao mestrado virá definida por:
1. O grao de afinidade da titulación aos estudos de mestrado.
Neste sentido, priorizaranse as seguintes titulacións: Grao en Educación Infantil, Grao en Educación Primaria, Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas e as titulacións extinguidas ou en proceso de extinción (Licenciatura en Psicopedagoxía, titulacións de Mestre, Diplomatura en Educación Social, Curso de Aptitude Pedagóxica -CAP- e Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas).
Tamén consideraranse as titulacións afíns: Pedagoxía y Psicoloxía.
Como criterios específicos de admisión, establécese en primeiro lugar, que a admisión dos/das graduados/as ou diplomados/as en Educación Social terase en conta só no caso de que na Comunidade Autónoma de Galicia se aprobe un regulamento que permita acceder ás persoas destas titulacións a centros escolares e, en segundo lugar, que non poderá ser admitida ningunha persoa cun título que non se atope entre as titulacións prioritarias ou afíns mencionadas con anterioridade.
2. O expediente académico dos estudos que se teñan cursado con anterioridade.
3. A experiencia profesional e investigadora no ámbito escolar das persoas aspirantes (que neste momento estean a exercer tarefas de xestión e dirección en institucións educativas como docentes).
Para a selección dos/das estudantes, a dirección del centro nomeará unha comisión que estará presidida pola persoa coordinadora do mestrado e da cal formarán parte, como mínimo, tres profesores/as con docencia nel e a persoa responsable da administración del centro, que custodiará a documentación recibida. A dita comisión elixirá, entre os seus membros, un/unha secretario/a, que redactará as actas das reunións e que certificará os seus acordos. A composición desta comisión farase pública no taboleiro da Facultade dedicado ao mestrado e na web.

Solicitude de matrícula:
Unha vez publicada a relación definitiva de admitidos, estes matricularanse nos prazos establecidos a través da secretaría virtual do estudantado da UDC. A non formalización da matrícula no período establecido suporá a perda da correspondente praza, sendo necesario realizar unha nova preinscrición.
A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.
Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:
• A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
• O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

Prazos:
Os prazos xerais no curso 2020/2021 son:
Primeiro prazo
• 1 de abril ao 10 de xullo de 2020: Preinscrición.
• 27 de xullo ao 2 de agosto de 2020: Matrícula.
Segundo prazo
• 19 de agosto ao 31 de agosto de 2020: Preinscrición.
• 14 de setembro ao 20 de setembro de 2020: Matrícula.
Terceiro prazo
• 25 de setembro ao 1 de outubro de 2020: Preinscrición.
• 12 de outubro ao 18 de outubro de 2020: Matrícula.
Prazos especiais para o estudantado de sistemas universitarios estranxeiros alleos ao sistema universitario español:
• 13 de xaneiro ao 30 de abril de 2020: Preinscrición
• 27 de xullo ao 2 de agosto (primeiro prazo xeral): Matrícula