Noticias

11/11/2020


Pautas sobre ventilación das aulas
RECOMENDACIÓNS DO DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN:

Tendo en conta as orientacións da Xunta de Galicia sobre a ventilación dos centros educativos, recomendamos a aplicación da seguinte pauta de cuxa realización deberían encargarse os docentes coa axuda e colaboración dos/as delegados/as de clase:
 
"Coa finalidade de garantir un mínimo confort nas aulas, compatible coas medidas de ventilación recomendadas pola administración e as autoridades sanitarias, a partir de hoxe día 11 de novembro, sería aconsellable abrir as ventás e as portas das aulas e laboratorios para garantir unha ventilación cruzada 5 minutos cada 45 minutos aproximadamente dende o comezo de cada clase de hora e media, cun intervalo dunha hora entre 8:00 e 9:00 e entre 15:00 e 16:00 horas. O resto do tempo as ventas poderán permanecer pechadas".
 
A título orientativo esta podería ser a distribución, tendo en conta que se trata de ventilar ao inicio, metade e final das clases durante 5 minutos, polo menos:
 
Quenda de mañá
Apertura ás 8:00 (servizo de limpeza)
Peche de portas e ventás ás 9:00
Ventilar ás 9:45 (mínimo 5 minutos)
Ventilar ás 10:30 (mínimo 5 minutos)
Ventilar ás 11:15 (mínimo 5 minutos)
Ventilar ás 12:00 (mínimo 5 minutos)
Ventilar ás 12:45 (mínimo 5 minutos)
Ventilar ás 13:30 (mínimo 5 minutos)
Ventilar ás 14:15 (mínimo 5 minutos)
Ventilar ás 15:00 (mínimo 5 minutos)
 
Fin de quenda ás 15:00 horas, porta e ventás deberán quedar abertas ata as 16:00 horas
 
Quenda de tarde
Peche de portas e ventás ás 16:00
Ventilar ás 16:45 (mínimo 5 minutos)
Ventilar ás 17:30 (mínimo 5minutos)
Ventilar ás 18:15 (mínimo 5 minutos)
Ventilar ás 19:00 (mínimo 5 minutos)
Ventilar ás 19:45 (mínimo 5 minutos)
Ventilar ás 20:30 (mínimo 5 minutos)
Ventilar ás 21:15 (mínimo 5 minutos)
Ventilar ás 22:00 (5 minutos e peche ata o día seguinte)
 
Esta proposta non impide que nas aulas se manteña unha ventilación cruzada permanente, aínda que, evidentemente, supón un gasto enerxético ineficiente. 

O Servizo de prevención de riscos completará en breve estas recomendacións con outras sobre como conseguir unha ventilación cruzada eficiente.