Noticias

28/05/2024


ACTOS DE GRADUACIÓN DOS GRAOS E DOS MESTRAOS (INFORMACIÓN E ENLACES)
Nos vindeiros días terán lugar no Salón de Actos da nosa Facultade as graduacións das promocións de GRAO e MESTRADO.
Ao acto presencial poderá acudir o profesorado, así como as persoas que conten con invitación. De ser necesario, para os familiares e amigos que non conten con invitación, habilitaranse aulas nas que se fará unha retransmisión virtual do acto por Teams.
Graduación dos Mestrados de Psicoloxía Aplicada; Psicopedagoxía; Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías; Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Infantil e Primaria; Psicopedagoxía: Venres 31 de maio ás 18:00 horas 
 
Graduación de Educación Primaria: Venres 07 de xuño ás 16:30 horas 
 
Graduación de Educación Social: Venres 07 de xuño ás 19:00 horas  
 
Graduación de Educación Infantil: Venres 14 de xuño ás 16:30 horas 
 
Graduación de Logopedia: Venres 14 de xuño ás 19:00 horas  
 
Graduación do Mestrado universitario en profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas: Venres 21 de xuño ás 18:00 horas 
 
Juan Rivadulla López
Vicedecano de TFG, Estudantes e PAT