O próximo 1 de outubro terán lugar as xornadas de acollida do novo alumnado dos mestrados, nas que terá lugar a conferencia inaugural do curso 2024-2025 (16h no Salón de Actos da nosa Facultade). Máis información sobre as xornadas: https://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=novas&id=2624 Este ano, a conferencia correrá a cargo da nosa compañeira a profesora Alicia Risso Migues baixo o título “O valor das revistas científicas na formación académica e profesional: Que poden facer por min as revistas científicas e como poden axudarme nos meus estudos e na miña profesión”. Título: El valor de las revistas científicas en la formación académica y profesional: Que pueden hacer por mí las revistas científicas y cómo pueden ayudarme en mis estudios y en mi profesión *********
Resumen:
Las revistas desempeñan un papel fundamental en el avance del conocimiento, tanto en el campo de las distintas ciencias como en la comunidad académica. Estas publicaciones son vitales para la difusión y el intercambio de investigaciones, teorías, métodos y hallazgos, y su relevancia para el alumnado universitario puede entenderse a través de varios aspectos: dan acceso a información actualizada y de calidad, ayudan a desarrollar habilidades críticas y analíticas, mejoran la preparación de estudiantes y profesionales, sirven de apoyo para la elaboración de trabajos académicos y de investigación, permiten establecer contactos y constituir redes temáticas, y facilitan hacer aportes a la comunidad científica y a la sociedad. En esta charla se analizarán estos aspectos y se darán algunas pautas para sacarle partido a las revistas científicas.
Título:
O valor das revistas científicas na formación académica e profesional: Que poden facer por min as revistas científicas e como poden axudarme nos meus estudos e na miña profesión
Resumo:
As revistas desempeñan un papel fundamental no avance do coñecemento, tanto no campo das distintas ciencias como na comunidade académica. Estas publicacións son vitais para a difusión e o intercambio de investigacións, teorías, métodos e descobrementos, e a súa relevancia para o alumnado universitario pode entenderse a través de varios aspectos: dan acceso a información actualizada e de calidade, axudan a desenvolver habilidades críticas e analíticas, melloran a preparación de estudantes e profesionais, serven de apoio para a elaboración de traballos académicos e de investigación, permiten establecer contactos e constituír redes temáticas, e facilitan facer achegas á comunidade científica e á sociedade. Nesta charla analizaranse estes aspectos e daranse algunhas pautas para sacarlle partido ás revistas científicas.