Información xeral

QUÉ É E PARA QUÉ ME CAPACITA O MESTRADO UNIVERSITARIO DE PSICOPEDAGOXÍA 

O Mestrado Universitario en Psicopedagoxía pretende ofrecer ao alumnado unha formación de alto nivel de cualificación que lle permitirá adquirir as competencias necesarias para o desenvolvemento das funcións que debe realizar no ámbito profesional. A/o profesional da psicopedagoxía exerce unha función dinamizadora e potenciadora da innovación e cambio curricular. Impulsa o establecemento de redes de cooperación profesional. Asesora e forma a formadores. Ten unha función esencial no desenvolvemento das medidas orientadas a atención diversidade, detección e intervención nas dificultades de aprendizaxe, e na atención ás necesidades específicas de apoio educativ; así como na creación e desenvolvemento de plans de orientación escolar e profesional. A súa función é esencial no desenvolvemento de medidas educativas orientadas a superar as desigualdades e potenciar a inclusión dos grupos sociais e culturais minoritarios ou en risco de exclusión. Todas estas funcións poden desenvolverse tanto nas institucións educativas, dentro dos servizos psicopedagóxicos e de orientación, coma noutros contextos socioeducativos, en ámbitos coma os servizos sociais, orientación e formación ocupacional, promoción da autonomía e independencia persoal, etc. En definitiva, o Mestrado de Psicopedagoxía pretende proporcionar os coñecementos que se requiren para asesorar e intervir con éxito en diferentes contornos cun perfil profesional polivalente.

 

ver enlace

 

 

Coordinadora: Núñez Mayán, María Teresa (tmayan@udc.es)

Facultade de Ciencias da Educación

Campus de Elviña

15071 A Coruña

Teléfono: 981 1670 00 Ext.: 1723