O Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) da Facultade de Ciencias da Educación (véxase a directriz 9 do manual do SGIC do centro), dispón de varios procedementos orientados a contribuír ao cumprimento deste subcriterio. En concreto cabe mencionar os seguintes: * (PC03) Perfís de ingreso e captación de estudantes: establécese o modo en que os centros da UDC definen, fan público e manteñen continuamente actualizado o perfil idóneo de ingreso dos seus estudantes para cada unha das titulacións oficiais que ofrecen, así como as actividades que deben realizar para determinar o perfil real de ingreso con que os estudantes acceden ás mencionadas titulacións. Así mesmo, establece as actuacións a realizar para elaborar, aprobar e levar a cabo un plan de captación de estudantes acorde co perfil definido e a oferta de prazas de cada unha das titulacións. * (PC05) Orientación dos/das estudantes: preséntase o modo en que os centros da UDC definen, fan público e actualizan continuamente as accións referentes a orientar os seus estudantes sobre o desenvolvemento do ensino de cada unha das titulacións que ofrecen, para que poidan conseguir os máximos beneficios da aprendizaxe. As actividades de orientación serán as referidas a accións de acollida, titoría e apoio á formación. * (PC10) Orientación profesional: o obxecto deste procedemento é establecer o modo en que os centros da UDC definen, fan públicas e actualizan as accións referentes á orientación profesional dos/das estudantes de cada unha das titulacións oficiais que ofrecen. As titulacións universitarias actuais terán a súa equivalencia nas futuras titulacións de grao do EEES, polo que deberán incluírse os novos graos que sexan equivalentes para efectos de docencia. O sistema de transferencia e recoñecemento de créditos será o establecido pola UDC na Normativa de recoñecemento e transferencia de créditos para as titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, aprobada por Consello de Goberno o 22 de maio de 2008:Sistema de información previa á matrícula
* (PC04) Selección, admisión e matriculación de estudantes dos centros da UDC: o obxecto deste procedemento é establecer a sistemática que se aplicará na matrícula de alumnado de títulos propios nos centros da Universidade e a posterior xestión académica.
* (PC12) Información pública: ten por obxecto o establecemento do modo en que os centros da UDC fan pública a información actualizada, relativa ás que imparten, para o coñecemento dos seus grupos de interese.
Criterios de admisión e condicións ou probas de acceso especiais
Así mesmo, para acceder terá que acreditarse o dominio dunha lingua estranxeira equivalente ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, de acordo coa Recomendación N.º R (98)6 do Comité de Ministros de Estados Membros, de 17 de outubro de 2000”.
O perfil recomendado do alumnado dependerá, loxicamente, das especialidades do mestrado. O seu carácter profesionalizador fai necesaria a correspondencia entre a titulación de acceso e a especialidade elixida; a Comisión de Selección do Mestrado resolverá no caso doutras titulacións.
Con carácter orientativo, establécese a seguinte correspondencia entre as licenciaturas e graos actuais e as especialidades do Mestrado:
Grao/Licenciatura en Bioloxía
Grao/Licenciatura en Física
Enxeñaría Química
Grao/Licenciatura en Ciencias do Mar
Grao/Licenciatura en Farmacia
Grao/Licenciatura en Veterinaria
Grao/Licenciatura en Máquinas Navais
Grao/Licenciatura en Náutica e Transporte Marítimo
Enxeñarías Técnicas
Arquitectura Técnica
Diplomatura en Máquinas Navais
Diplomatura en Navegación Marítima
Grao/Licenciatura en Matemáticas
Ciencias Sociais e Humanidades
Grao/Licenciatura en Xeografía
Grao/Licenciatura en Historia
Grao/Licenciatura en Historia da Arte
Grao/Licenciatura en Filosofía
Formación Profesional
a) Itinerario de especialización docente en Formación e Orientación Laboral
Grao/Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas
Grao/Licenciatura en Dereito
Diplomatura en Educación Social
Diplomatura en Ciencias Empresariais
Diplomatura en Relacións Laborais
Diplomatura en Xestión e Administración Pública
Diplomatura en Traballo Social
Grao/Licenciatura en Filoloxía Galega
b)Itinerario de especialización docente en Linguas Estranxeiras
Grao/Licenciatura en Filoloxía Francesa
Grao/Licenciatura en Filoloxía Románica
Grao/Licenciatura en Filoloxía Alemá
Grao/Licenciatura en Filoloxía Italiana
Grao/Licenciatura en Filoloxía Portuguesa
Grao/Licenciatura en Tradución e Interpretación
Artes
Título Superior de Danza
Título Superior de Arte Dramática
b)Itinerario de especialización docente en Artes Plásticas e Visuais
Arquitectura
Grao/Licenciatura en Historia da Arte
Grao/Licenciatura en Comunicación Audiovisual
Orientación Educativa
Psicoloxía
Psicopedagoxía
Segundo a normativa vixente (RD 276/2007, de 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei 2/2006, do 3 de maio, orgánica de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria decimosétima da citada lei), o requisito específico para o acceso ao corpo de profesorado de ensino secundario, de profesorado de música e artes escénicas, de profesorado de artes plásticas e eeseño e de profesorado de escolas oficiais de idiomas é estar en posesión do título de doutor/a, licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para efectos de docencia e para o ingreso no corpo de profesorado técnico de formación profesional e mestres/as de taller de artes plásticas e deseño é estar en posesión do título de diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou o título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para efectos de docencia; por tanto quen, tendo unha destas titulacións, queira accede aos estudos do presente mestrado nunha especialidade distinta das anteriormente mencionadas, deberá superar as probas que estableza a Comisión de Selección do Mestrado. Do mesmo modo, aqueles/as alumnos/as que non acrediten unha titulación de idiomas equivalente, como mínimo, ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, deberán realizar unha proba de lingua estranxeira.
A admisión axustarase ao establecido na normativa da UDC. Cando o número de candidatos/as sexa superior ao de prazas que se ofrecen, a selección realizarase seguindo os criterios establecidos pola Comisión de Selección do Mestrado aos que se lles dará a debida publicidade. En todo caso, darase prioridade ao expediente académico dos/as aspirantes e á titulación de acceso.
A UDC decidirá en cada curso académico as especialidades e itinerarios que ofrece, en función do número de prazas fixadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e dos seus propios recursos, e procurará, en colaboración coas universidades de Santiago de Compostela e Vigo, realizar unha oferta completa a nivel galego e viable para cada unha das tres universidades.
En relación cos procedementos relacionados coa comprobación do dominio das competencias relativas á especialización, no caso dos/as estudantes que pretendan cursar unha especialidade, e, no seu caso, un itinerario, que non se corresponda coa titulación de acceso segundo o previsto na nosa memoria, a Comisión de Selección do Mestrado elaborará, de acordo co establecido na Orde ECI, unha proba para cada un dos itinerarios que se consideran, e tanto para o seu deseño como para a súa corrección contarase co asesoramento dos departamentos relacionados coa docencia do módulo de especialización do Mestrado. A Comisión de Mestrado e Doutoramento da UDC aprobará os contidos e procedementos para a corrección destas probas, o cal se deseñará de maneira coordinada coas outras universidades galegas.
Están exentos de presentar esta acreditación os/as licenciados/as o graduados/as en estudos de Filoloxía que cursaran materias de inglés.
Como xa se indicou, recentemente o Consello de Universidades (1-6-2009) e a Conferencia Xeral de Política Universitaria (2-6-2009) acordaron unha serie de medidas de flexibilización para facilitar a implantación destes estudos de Mestrado. Entre elas menciónase que “se facilitará o recoñecemento de competencias do Mestrado adquiridas noutros estudos de mestrado ou coa experiencia profesional”.
A Comisión do Mestrado encargarase de analizar as solicitudes de recoñecemento de créditos a partir da consideración das competencias que outros posibles estudos de mestrado proporcionan e a súa coincidencia coas competencias que os distintos módulos e materias do Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña desenvolven. No caso da experiencia profesional, sen prexuízo da valoración doutras posibilidades cando proceda, considerarase o seu recoñecemento en relación coas competencias desenvolvidas no Prácticum (12 créditos), en función da duración da dita experiencia, sempre que tivese lugar no contexto do ensino secundario. A materia Complementos de Formación Disciplinar, presente en todos os módulos específicos (8 créditos), consideramos que se presta a ser recoñecida a quen realizara un mestrado no campo disciplinar que corresponda. En ningún caso se poderá recoñecer o traballo de fin de mestrado (6 créditos).Apoio e orientación ao estudante
Sistema de transferencia e recoñecemento de créditos
http://www.udc.es/informacion/ga/lexislacionenormativa/regulamentos/academica/Norm_tceees.pdf.
A UDC ten previsto aprobar nun próximo Consello de Goberno unha normativa que complemente a anterior.
Proponse que se estableza un acordo entre as tres universidades do Sistema Universitario de Galicia de maneira que a superación de calquera dos módulos deste mestrado nunha delas sexa recoñecida automaticamente por calquera outra en que se desexe continuar os seus estudos de Mestrado de Profesorado de Educación Secundaria.