O Mestrado implantarase no curso académico 2009-2010. Ao ser unha titulación dun ano de duración non é necesario establecer un calendario plurianual de implantación. O Curso de Aptitude Pedagóxica non se impartirá a partir do curso 2009-2010, segundo a Resolución de 16 de xullo de 2008 da Dirección Xeral de Universidades sobre diversos aspectos relativos ás ensinanzas de mestrado e doutoramento na nova ordenación universitaria. Por se trataren de estudos novos que non son, en sentido estrito, resultado da transformación doutros previamente existentes, non se considera un procedemento específico de adaptación. O alumnado que queira solicitar o recoñecemento de créditos farao seguindo os procedementos ordinarios establecidos pola UDC.Cronograma de implantación
Ensinanzas que se extinguen
Procedemento de adaptación