COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
As competencias específicas veñen definidas pola Orde ECI/3858/2007, que as asocia ao módulo xenérico, ao específico e ao prácticum:
a) Asociadas ao Módulo Xenérico (CE-G):
- (CE-G1) Coñecer as características dos/das estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
- (CE-G2) Comprender o desenvolvemento da personalidade destes/as estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe.
- (CE-G3) Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
- (CE-G4) Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes.
- (CE-G5) Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas.
- (CE-G6) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país.
- (CE-G7) Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional.
- (CE-G8) Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
- (CE-G9) Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
- (CE-G10) Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non-discriminación das persoas con discapacidade.
- (CE-G11) Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación.
- (CE-G12) Adquirir habilidades sociais na relación e na orientación familiar.
- (CE-G13) Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e no desenvolvemento do plan lingüístico do centro.
- (CE-G14) Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade.
b) Asociadas ao Módulo Específico (CE-E):
- (CE-E1) Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
- (CE-E2) Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
- (CE-E3) Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica súa.
- (CE-E4) Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
- (CE-E5) Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e da aprendizaxe das materias correspondentes.
- (CE-E6) Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
- (CE-E7) Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
- (CE-E8) Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos/das estudantes.
- (CE-E9) Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- (CE-E10) Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
- (CE-E11) Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
- (CE-E12) Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación empregando indicadores de calidade.
- (CE-E13) Identificar os problemas relativos ao ensino e á aprendizaxe das materias da especialización e formular alternativas e solucións.
- (CE-E14) Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
- (CE-E15) Coñecer a evolución do mundo laboral, a interacción entre sociedade, traballo e calidade de vida, así como a necesidade de adquirir a formación adecuada para a adaptación apropiada e permanente das distintas profesións (FP).
- (CE-E16) Coñecer os procesos e recursos para a prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia (OE).
- (CE-E17) Coñecer os procesos de avaliación e de orientación académica e profesional (OE).
c) Asociadas ao Practicum (CE-P):
- (CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
- (CE-P2) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente.
- (CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
- (CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica.
- (CE-P5) Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP).
- (CE-P6) Exercitarse na avaliación psicopedagóxica, o asesoramento a outros/as profesionais da educación, aos/ás estudantes e ás familias (OE).
COMPETENCIAS XERAIS
A UDC estableceu, con carácter xeral para os títulos tanto de grao como de mestrado, unhas competencias de tipo transversal que denominou nucleares pola súa orientación vertebradora.
- N.1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
- N.2. Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
- N.3. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
- N.4. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
- N.5. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
- N.6. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
- N.7. Asumir como profesional e cidadán/á a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
- N.8. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.