Planificación das ensinanzas

Estructura do plano de estudos

Segundo se establece nos arts. 15.2 e 15.3 do RD 1393/2007 e no apartado 5 do anexo da Orde ECI/3858/2007 pola que se fixan os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio das profesións de profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas, o plan de estudos do Mestrado ten un total de 60 créditos, que inclúen toda a formación teórica e práctica que o/a estudante debe adquirir.
 
Especialidades e itinerarios de especialización docente 
A Orde ECI/3858/2007 especifica que se deben organizar estas ensinanzas en función das diversas especialidades docentes ás que están destinadas: “Estas ensinanzas estruturaranse tendo en conta as materias e os ámbitos docentes en educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional, ensinanzas artísticas, ensinanza de idiomas e ensinanzas deportivas” (apartado 5º).
 
No presente mestrado considéranse, a proposta da Consellería de Educación e Orientación Universitaria, seis especialidades docentes:
 
1. Ciencias Experimentais, Matemáticas, Tecnoloxía e Educación Física
2. Ciencias Sociais e Humanidades 
3. Formación Profesional 
4. Linguas e Literaturas 
5. Artes 
6. Orientación educativa
 
Estas especialidades, agás a última, cobren ámbitos docentes moi diversos, especialmente algunhas delas, polo que é preciso introducir itinerarios formativos no módulo específico e mais no prácticum.
 
Os itinerarios de especialización docente previstos pola UDC son, en principio, os seguintes, aínda que a experiencia poida aconsellar introducir no futuro determinados cambios nalgúns deles.
 
1. Ciencias Experimentais, Matemáticas, Tecnoloxía e Educación Física
 
a) Ciencias Experimentais
b) Tecnoloxía 
c) Educación Física
 
2. Ciencias Sociais e Humanidades
 
Xeografía e Historia
 
3. Formación Profesional
 
a) Sector Servizos
b) Formación e Orientación Laboral
c) Sector Primario e Secundario
 
4. Linguas e Literaturas
 
a) Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá 
b) Linguas estranxeiras
 
5. Artes
 
a) Música
b) Artes Plásticas e Visuais
 
6. Orientación Educativa
 
 

Módulos formativos

As seis especialidades comparten un módulo xenérico de 16 créditos e diferéncianse nos 44 restantes, divididos, á súa vez, nun módulo específico de especialidade de 26 créditos, un prácticum de 12 e un traballo de fin de mestrado de 6. 
 
O módulo xenérico concrétase nas seguintes materias:
 
Didáctica, Currículo e Organización Eescolar: 4,5 créditos
Función Titorial: 2 créditos
Educación e Linguas en Galicia: 1,5 créditos
Desenvolvemento Psicolóxico e Aprendizaxe Escolar: 4 créditos
Educación, sociedade e política educativa: 4 créditos
 
O módulo específico inclúe as seguintes materias, que se especificarán en materias dentro de cada especialidade:
 
1. Complementos para a Formación Disciplinar, 6-8 créditos
2. Didáctica e ensino das materias correspondentes, 12 créditos
3. Innovación Docente e Iniciación á Investigación Educativa, 6-8 créditos
 
Nas especialidades con itinerarios, as dúas primeiras materias serán específicas para cada un dos itinerarios e a terceira común a todos eles.
 
O prácticum (12 créditos) e o traballo de fin de mestrado (6 créditos) organizaranse tamén en función das especialidades e itinerarios.
 
Esta proposta pretende que as especializacións do Mestrado se axusten o máximo posible ás especialidades dos respectivos corpos docentes, co fin de garantirlles aos estudantes unha formación de calidade, específica e relevante para o exercicio da profesión docente, ao tempo que se fai un exercicio de integración para non propoñer un número de grupos desmesurado e optimizar os recursos humanos e materiais. 
 

Módulos horarios

A Universidade da Coruña traballa cunha equivalencia de 25 horas para cada crédito ECTS. O traballo presencial representará aproximadamente o 28% destas horas e o 72% restante dedicarase ao traballo autónomo do alumnado. 
 
A distribución do alumnado en grupos para as clases teóricas, clases prácticas e clases-titorías dependerá do número de estudantes de cada materia. En principio, no módulo xenérico, común a todas as especialidades, haberá tres grupos de corenta estudantes cada un o próximo curso académico.
 
As horas presenciais distribuiranse, aproximadamente, da seguinte forma: clases teóricas (50%), clases prácticas (33%) e clases-titorías (17%). Estes tempos poderán axustarse ao perfil de cada unha das materias. 

Listaxe de actividades-probas

O programa GADU deseñado pola Universidade da Coruña para elaborar as guías docentes inclúe a seguinte listaxe de actividades-probas docentes:

 

Tipología Descripción
1.-Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para acadar os obxectivos que se queren acadar, vinculados a un programa formativo. Con elas preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
2.Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
3.Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos cales o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a doutros membros do grupo.
4.-Debate virtual Técnica de dinámica de grupos que xira ao redor dunha discusión onde as persoas dialogan sobre un tema específico seguindo un esquema previsto. Intervén un moderador, que leva o debate. Desenvólvese a través dun contorno virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación síncrona (chat) ou asíncrona (foro).
5.-Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
6.-Esquema Un esquema é a representación gráfica e simplificada da información que comporta uns determinados contidos de aprendizaxe.
7.-Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que formula un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar una serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
8.-Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións etc.) co obxectivo de afondar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporciónanlle ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
9.-Foro virtual Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolve a través dun contorno virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro).
10.-Glosario Un glosario é un recurso que consiste na explicación e contextualización dun conxunto de termos ou conceptos propios dun material especializado para facilitar a súa comprensión.
11.Investigación (proxecto de investigación) Proceso de ensino orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se presentan situacións que lle requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e tirar as conclusións oportunas do traballo realizado.
12.-Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de afondamento nos contidos traballados.
13.-Mapa conceptual Técnica de traballo individual que consiste en establecer relacións entre os conceptos chave duns contidos. Son representacións de relacións entre conceptos. Están formados por conceptos e palabras de enlace formando frases. Teñen unha orde que depende das relacións e que vai do máis importante e xeral aos exemplos e detalles.
14.-Mesa redonda Técnica de dinámica de grupos en que un grupo de especialistas nun tema, que teñen puntos de vista diverxentes ou contraditorios, levan a cabo unha discusión diante dun grupo coordinados por un moderador.
15.-Taller Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes en que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
16.-Portafolio do alumnado É unha cartafol ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo/a alumno/a nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesorado, o que permite visualizar o progreso do alumnado. O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o alumnado, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumnado realizado polo profesorado etc.
17.-Prácticas a través de TIC Metodoloxía que lle permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
18.-Prácticas clínicas O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión onde os estudantes observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica desta.
19.-Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
20.-Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
21.-Proba de asociación Proba obxectiva que consiste en presentar unha serie de elementos en dúas columnas paralelas en que cada palabra, símbolo ou frase dunha delas pode asociarse cos elementos da outra. Consiste en establecer as relacións cos elementos dos dous grupos.
22.-Proba de completar Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada. Preséntase un enunciado que ten que completarse nun o en máis puntos cunha frase específica, palabra, cifra ou símbolo.
23.-Proba de discriminación Proba obxectiva que consiste en optar por unha das dúas opcións ou alternativas que se presentan a unha cuestión determinada. As variantes de alternativa de resposta que se presentan ás cuestións formuladas poden ser “si/non” ou “verdadeiro/falso”.
24.-Proba de ensaio/desenvolvemento Proba en que se procura responder por escrito preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar etc.), creatividade e espírito crítico. Emprégase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
25.-Proba de ordenación Proba obxectiva onde se presenta unha serie de elementos ou datos que deben ordenarse segundo un criterio dado no enunciado (cronolóxico, lóxico, xeográfico, cuantitativo, cualitativo etc.).
26.-Proba de resposta breve Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada. Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase específica, palabra, cifra ou símbolo.
27.-Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.
28.-Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
29.-Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazp distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/o de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.
30.-Proba oral Proba en que se procura responder, de forma oral, a preguntas curtas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
31.-Recensión bibliográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese o dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración desta en relación coa literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, ni unha simple análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación con outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou coa súa propia experiencia.
32.-Resumo Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
33.-Saída de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños etc.).
34.-Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
35.-Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar s aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un/ha profesor/a en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no emprego case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
36.-Simulación Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que se se levase a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Basease, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
37.-Solución de problemas Técnica mediante a que ten que resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
38.-Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos/das estudantes, baixo a tutela do/a profesor/a e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos/das estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado-titor.
39.-Xogo de rol ou role playing Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Emprégase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes.

 

No seu momento, cando se realicen os encargos docentes, o profesorado responsable de cada unha das materias deberá especificar as actividades formativas, cos seus correspondentes tempos, e o sistema de avaliación.

Sistema de cualificación 

(Real decreto 1125/2003, de 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio estatal)

0-4,9: Suspenso (SS). 
5,0-6,9: Aprobado (AP). 
7,0-8,9: Notable (NT). 
9,0-10: Sobresaliente (SB).

Mecanismos de coordinación docente

O Sistema de Garantía Interna de Calidade da Facultade de Ciencias da Educación ten previsto o establecemento de mecanismos de coordinación docente para cada unha das súas titulacións. Neste sentido, dispón dun procedemento (véxase anexos directriz 9.ª) PC06 Planificación e desenvolvemento do ensino que ten por obxecto establecer o modo polo cal a Facultade de Ciencias da Educación da UDC garante que as ensinanzas que ofrece se realizan de acordo coas previsións, para o que planifica e implanta os seus programas formativos de modo que os/as estudantes consigan acadar os obxectivos definidos en cada unha das súas titulacións oficiais. Para iso, unha vez que a oferta formativa foi aprobada e difundida convenientemente, (PE03. Deseño da oferta formativa e PC01. Oferta formativa), e a partir da planificación das ensinanzas e o calendario do curso elaborado polo Consello de Goberno, a Facultade procederá a planificar a impartición das ensinanzas que se ofrecen e a implantar a mencionada planificación (Cap. III, art.11 dos Estatutos UDC). Para iso, os consellos de departamento (Cap. II, art. 67 Estatutos da UDC) teñen que elaborar e aprobar o POD, así como aprobar e coordinar os programas das materias das súas áreas de coñecemento e, de modo xeral, velar pola calidade da docencia encomendada ao departamento.

Así mesmo, a xunta de centro (cap. III, art. 11, Estatutos da UDC) elaborará a proposta do plan de estudos, organizará e supervisará as actividades docentes e participará, ao igual que os departamentos, nos procesos de avaliación da calidade da docencia nas titulacións do centro e da súa correspondente xestión. En consecuencia, antes do inicio do período de matrícula de cada curso académico, a XC (e por mandato desta a CGCC) comprobará a existencia dun documento estandarizado de Guía Académica de cada titulación coas correspondentes referencias ás diferentes materias que a compoñen, onde estean, como mínimo, os seguintes elementos básicos revisados e actualizados de acordo co proxecto GADU de implantación de guías docentes desenvolvido pola Vicerreitoría de Calidade e Novas Tecnoloxías que recolle: 

  • Definición dos obxectivos do programa formativo.
  • Características da materia no que respecta ao número de créditos, a súa distribución entre teoría e práctica, o período en que se imparte, a relación cos obxectivos do programa formativo e con outras materias etcétera.
  • Obxectivos específicos das materias.
  • Contidos do programa das materias incluíndo as prácticas asignadas.
  • Prácticas das titulacións (plan de prácticum).
  • Metodoloxía de ensino-aprendizaxe.
  • Métodos e criterios de avaliación da aprendizaxe.
  • Persoal académico responsable da materia e persoal colaborador.
  • Bibliografía e fontes de referencia.
  • Recomendacións para cursar a materia.
  • Horarios e lugar onde se imparten as clases e as titorías.
  • Calendario de exames.
  • Actividades complementarias.

O equipo decanal responsabilizarase de favorecer a difusión da información anteriormente indicada para a súa accesibilidade e utilización polos diferentes grupos de interese das titulacións (estudantes, profesorado e PAS) impartidas polo centro.

Para facilitar o desenvolvemento da planificación docente do centro, a XC designará os coordinadores da titulación que considere necesarios, para evitar baleiros ou duplicidades nos diferentes programas formativos. En caso de non se producir o nomeamento destes coordinadores, a CGCC realizará as sesións que considere oportunas, convidando a participar nelas ao profesorado afectado, para garantir a coordinación correcta en todas as actividades do programa formativo. A CGCC establece medidas de control para favorecer o correcto desenvolvemento da planificación das ensinanzas e atende as reclamacións que poidan xurdir a teor do desenvolvemento dos diferentes programas formativos PA04. Xestión de incidencias, reclamacións e suxestións (véxase anexo da directriz 9.ª), establecendo as medidas correctoras oportunas consecuencia das desviacións apreciadas.

Prácticum

A normativa específica do Mestrado (ORDE ECI/3858/2007) establece respecto do prácticum que “se realizará en colaboración coas institucións educativas establecidas mediante convenio entre universidades e administracións educativas. As institucións educativas participantes na realización do prácticum terán que estar recoñecidas como centros de prácticas, así como os/as titores/as encargados/as da orientación e a tutela dos/das estudantes.” 

De acordo con isto, o prácticum realizarase en colaboración coas institucións educativas da comunidade autónoma de Galicia mediante convenio da(s) consellaría(s) con competencias en educación e a UDC. Tales consellarías fixarán, así mesmo, os requisitos para acceder á condición de centro e titor de prácticas. 

A finalidade do módulo de prácticum é posibilitar a toma de contacto directa coa organización e realidade dos centros de educación secundaria e a súa comunidade educativa, e co traballo docente nos diversos niveis en que se concreta (ESO, bacharelato, FP). A carga en número de créditos que se lle adxudicou é de 12.

De acordo coa dispoñibilidade dos centros de prácticas, proponse que o prácticum se desenvolva en dúas fases, de modo que permita a simultaneidade entre teoría e práctica, e facilite a adquisición das competencias persoais e profesionais que require a función docente. 

A primeira fase orientase á observación, análise e contraste da realidade dos centros desde a perspectiva que proporcionan as materias do módulo xenérico. A segunda fase céntrase na adquisición de competencias vinculadas ao desempeño das funcións docentes nos diferentes cometidos, espazos e tempos da institución educativa, incorporando, para iso, a perspectiva dos coñecementos adquiridos no módulo específico, relacionado coa especialización docente. 

Terá que deseñarse un plan de prácticas en que se concretarán aspectos relacionados coas funcións dos titores e titoras dos centros educativos e da UDC, as actividades de preparación e seguimento, as pautas e protocolos para a elaboración de informes, e, no seu caso, de guías de observación, diario de prácticas e outros recursos posibles, criterios e procedementos de avaliación etc.

A Orde ECI/3858/2007 integra o traballo fin de mestrado no módulo denominado Prácticum. No que respecta ás competencias que deben adquirirse, unha vez citadas aquelas que se relacionan co prácticum, indica expresamente que “estas competencias, xunto coas propias do resto de materias quedarán reflectidas no traballo de fin de mestrado que compendia a formación adquirida ao longo de todas as ensinanzas descritas”. Adxudícanselle 6 créditos.

Dadas as características deste mestrado, e a vinculación que a orde establece co prácticum, as condicións de organización, titorización, realización, presentación, e avaliación dos traballos de fin de mestrado serán obxecto dun regulamento do traballo de fin de mestrado. 

En relación coas normas de permanencia, os artigos 13, 17 e 19 do Regulamento de estudos de posgrao establecen os seguintes aspectos que cómpre considerar:
 

Artigo 13. Matrícula en inicio e continuación de estudos de do Mestrado

Os/as estudantes admitidos segundo o artigo 5 matricularanse por primeira vez do total dos créditos que figurasen na programación do primeiro curso da titulación de posgrao, ou nos módulos en que fosen admitidos.

Cada programa poderá establecer unha ordenación temporal dos módulos que deben superar en cada curso, así como os contidos, os módulos ou as materias que deben ser superados nun determinado curso académico.

Os créditos pendentes deberán ser obxecto de matrícula xunto coa programación do curso seguinte e poderán ser superados nunha convocatoria específica. Con independencia da realización das actividades necesarias para a superación de tales créditos, a súa anotación no expediente do alumno coincidirá coas datas das convocatorias ordinarias ou extraordinarias dos estudos de primeiro e de segundo ciclo ou de grao. A matrícula dos créditos non superados non dará dereito á modificación da programación do Mestrado.

A matrícula dos créditos cualificados como suspensos non dará dereito á modificación da programación do Mestrado. Será impedimento de matrícula durante dous anos a non superación de ningún crédito dese programa. Transcorrido este período o alumnado deberá someterse a un novo proceso de admisión no programa.
 

Artigo 17. Réxime de avaliación

Os/as estudantes terán dereito a unha avaliación anual para determinar as competencias e habilidades adquiridas, conforme co sistema que se estableza na guía docente.

O sistema de avaliación poderá ser por módulos ou por materias, dependendo da organización do programa segundo o establecido no artigo 2.

A avaliación concedida poderá ser revisada segundo a normativa vixente na universidade.

As materias cursadas por segunda vez, de conformidade co disposto no artigo 11, serán avaliadas cos sistemas xerais ou específicos que se determinen na guía docente.

O control presencial poderá formar parte do sistema de avaliación, e a programación docente poderá esixir que, para superar determinadas materias, deba acreditarse a asistencia cando menos no 80 % das actividades presenciais programadas. Para estes efectos se establecerá un sistema de control presencial obxectivo.
 

Artigo 19. Alumnado que non superou o programa

Aos/ás estudantes que non están en condicións de obter o título de Mestrado poderáselles conceder un certificado acreditativo da súa asistencia. Este documento non poderá ter un formato que induza a confusión co título de posgrao oficial.




MÓDULOS O MATERIAS:

N Módulo materia Denominación Créditos
ECTS
Carácter Unidade 
temporal
1 Módulo Xenérico 16 Obrigatorio Cuadrimestre 1
Módulo Ciencias experimentais 26 Obrigatorio Cuadrimestres 1 y 2
Módulo Tecnoloxía 26 Obrigatorio Cuadrimestres 1 y 2
Módulo Educación física 26 Obrigatorio Cuadrimestres 1 y 2
Módulo Xeografía e historia 26 Obrigatorio Cuadrimestres 1 y 2
Módulo Formación Profesional: Servizos 26 Obrigatorio Cuadrimestres 1 y 2
Módulo Formación Profesional e orientación laboral 26 Obrigatorio Cuadrimestres 1 y 2
8 Módulo Formación Profesional: Sector primario e secundario 26 Obrigatorio Cuadrimestres 1 y 2
Módulo Lengua y literatura gallega y lengua y literatura castellana 26 Obrigatorio Cuadrimestres 1 y 2
10  Módulo Lenguas extranjeras 26 Obrigatorio Cuadrimestres 1 y 2
11  Módulo Música 26 Obrigatorio Cuadrimestres 1 y 2
12  Módulo Artes plásticas e visuais 26 Obrigatorio Cuadrimestres 1 y 2
13  Módulo Orientación educativa 26 Obrigatorio Cuadrimestres 1 y 2
14  Módulo Practicum r Traballo Fin de Mestrado 18 Obrigatorio Cuadrimestres 2


A continuación se indican las diferentes materias que componen cada módulo:

Módulo Xenérico
N Denominación Créd ECTS Carácter
DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO E APRENDIZAXE ESCOLAR 4 Obrigatorio
2 DIDÁCTICA, CURRÍCULO E ORGANIZACIÓN ESCOLAR 4,5 Obrigatorio
3 FUNCIÓN TITORIAL 2 Obrigatorio
4 EDUCACIÓN, SOCIEDADE E POLÍTCA EDUCATIVA 4 Obrigatorio
5 EDUCACIÓN E LINGUAS EN GALICIA 1,5 Obrigatorio

 

Módulo Ciencias experimentais
N Denominación Créd ECTS Carácter
COMPLEMENTOS DE FORMACIÓN PARA O ENSINO DAS CIENCIAS 1 3 Obrigatorio
2 COMPLEMENTOS DE FORMACIÓN PARA O ENSINO DAS CIENCIAS 2 5 Obrigatorio
3 DIDÁCTICA DAS CIENCIAS EXPERIMENTAIS 3 Obrigatorio
4 DIDÁCTICA DA BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4,5 Obrigatorio
5 DIDÁCTICA DA FÍSICA E QUÍMICA 4,5 Obrigatorio
6 INNOVACIÓN DOCENTE 2 Obrigatorio
INICACIÓN Á INVESTIGACIÓN EDUCATIVA 2 Obrigatorio
8 PROXECTOS DE INNOVACIÓN E INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN  CIENCIAS EXPERIMENTAIS 2 Obrigatorio

 

Módulo Tecnoloxía
N Denominación Créd ECTS Carácter
1 Tecnoloxía para profesorado de educación Secundaria Obrigatoria 5 Obrigatorio
2 Tecnoloxía para profesorado de bacharelato 3 Obrigatorio
3 Didáctica da Tecnoloxía na educación secundaria 4 Obrigatorio
4 Deseño, Planificación e Avaliación de Propostas Didácticas de Tecnoloxía na Educación Secundaria 4 Obrigatorio
5 Didáctica da Matemática para profesorado de educación secundaria 4 Obrigatorio
6 Innovación docente 2 Obrigatorio
7 Iniciación á investigación educativa 2 Obrigatorio
8 Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía 2 Obrigatorio

 

Módulo Educación Física
N Denominación Créd ECTS Carácter
1 Organización e Aplicación das Actividades en Educación Física e no Deporte en Idade Escolar 4 Obrigatorio
2 Atención á diversidade na Educación Física 4 Obrigatorio
3 A Aprendizaxe na Educación Física Baseado en Competencias 6 Obrigatorio
4 O Deporte na idade  escolar 3 Obrigatorio
5 Educación Física e educación en valores 3 Obrigatorio
6 Innovación docente 2 Obrigatorio
7 Iniciación á investigación educativa 2 Obrigatorio
8 Proxectos de innovación e investigación educativa na Educación Física 2 Obrigatorio

 

Módulo Xeografía e Historia
N Denominación Créd ECTS Carácter
1 Ámbito Científico e Educativo das Ciencias Sociais 4 Obrigatorio
2 As Ciencias Sociais no Ensino Secundario 4 Obrigatorio
3 Aprendizaxe e Ensino da Historia e as Ciencias Sociais 6 Obrigatorio
4 Aprendizaxe e Ensino da Xeografía 6 Obrigatorio
5 Innovación docente 2 Obrigatorio
6 Iniciación á investigación educativa 2 Obrigatorio
7 Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Ciencias Sociais 2 Obrigatorio

 

Módulo Formación Profesional: Servizos
N Denominación Créd ECTS Carácter
1 Formación profesional  e mercado laboral 4 Obrigatorio
2 Familias, títulos e profesiós do sector servizos 4 Obrigatorio
3 Aprendizaxe e Ensino dos Módulos dos Títulos Profesionais do Sector Servizos 12 Obrigatorio
4 Innovación docente 2 Obrigatorio
5 Iniciación á investigación educativa 2 Obrigatorio
6 Proxectos de Innovación e Investigación Educativa no Sector Servizos 2 Obrigatorio

 

Módulo Formación Profesional e Orientación Laboral
N Denominación Créd ECTS Carácter
1 Formación profesional e mercado laboral 4 Obrigatorio
2 Inserción e orientación laboral   4 Obrigatorio
3 Aprendizaxe e Ensino dos Módulos da Especialidade de Formación e Orientación Laboral 12 Obrigatorio
4 Innovación docente 2 Obrigatorio
5 Iniciación á investigación educativa 2 Obrigatorio
5 Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Formación e Orientación Laboral 2 Obrigatorio

 

Módulo Formación Profesional: Sector Primario e Secundario
N Denominación Créd ECTS Carácter
1 Formación profesional e mercado laboral 4 Obrigatorio
2 Familias, títulos e profesiós do sector primario e secundario   4 Obrigatorio
3 Aprendizaxe e Ensino dos Módulos dos Títulos Profesionais do Sector Primario e Secundario 12 Obrigatorio
4 Innovación docente 2 Obrigatorio
5 Iniciación á investigación educativa 2 Obrigatorio
6 Proxectos de Innovación e Investigación Educativa no Sector Servizos Primario e Secundario 2 Obrigatorio

 

Módulo Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
N Denominación Créd.ECTS Carácter
1 Contidos Complementarios para o Ensino das Linguas Galega e Castelá I 4 Obrigatorio
2 Contidos Complementarios para o Ensino das Linguas Galega e Castelá II 4 Obrigatorio
3 Bases Epistemolóxicas para o Ensino das Linguas e as Literaturas Galega e Castelá 4 Obrigatorio
4 Metodoloxía do Ensino das Linguas e as Literaturas Galega e Castelá en Educación Secundaria 4 Obrigatorio
5 Fundamentos Metodolóxicos e Profesionais do Ensino das Linguas e as Literaturas Galega e Castelá en Educación Secundaria 4 Obrigatorio
6 Innovación docente 2 Obrigatorio
7 Iniciación á investigación educativa 2 Obrigatorio
8 Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Lingua e Literatura Galega e Castelá 2 Obrigatorio

 

Módulo Linguas Estranxeiras
N Denominación Créd ECTS Carácter
1 Contidos no Ensino-Aprendizaxe dunha LE 4 Obrigatorio
2 Historia do Ensino-Aprendizaxe de LE 4 Obrigatorio
3 Deseño Curricular e Didáctica da LE 3 Obrigatorio
4 Recursos, Estratexias e Materiais Didácticos na Aula de LE 3 Obrigatorio
5 Metodoloxía de Ensino-Aprendizaxe da LE 3 Obrigatorio
6 A Avaliación no Ensino-Aprendizaxe de LE 3 Obrigatorio
7 Innovación docente 2 Obrigatorio
8 Iniciación á investigación educativa 2 Obrigatorio
9 Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Linguas Estranxeiras 2 Obrigatorio

 

Módulo Música
N Denominación Créd ECTS Carácter
1 Áreas de investigación que informan a Educación Musical 4 Obrigatorio
2 Recursos tecnolóxicos para a Educación Musical 4 Obrigatorio
3 Deseño e Desenvolvemento Curricular na Educación Musical: os Fins e os Contidos do Currículo 4 Obrigatorio
4 Deseño e Desenvolvemento Curricular na Educación Musical: a Metodoloxía e a Avaliación 8 Obrigatorio
5 Innovación docente 2 Obrigatorio
6 Iniciación á investigación educativa 2 Obrigatorio
7 Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Música 2 Obrigatorio

 

Módulo Artes Plásticas y Visuais
N Denominación Créd ECTS Carácter
1 Pedagoxía, Socioloxía e Psicoloxía das APV 5 Obrigatorio
2 As TIC nas APV 3 Obrigatorio
3 Deseño curricular e didáctica das APV 6 Obrigatorio
4 Recursos, estratexias e materiais didácticos 6 Obrigatorio
5 Innovación docente 2 Obrigatorio
6 Iniciación á investigación educativa 2 Obrigatorio
7 Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Artes Plásticas e Visuais 2 Obrigatorio

 

Módulo Orientación Educativa
N Denominación Cred ECTS Carácter
1 Atención á Diversidade en Educación Secundaria 3 Obrigatorio
2 Asesoramento e Formación nas Institucións Educativas 3 Obrigatorio
3 Estratexias de estudo 2 Obrigatorio
4 Mediación familiar 3 Obrigatorio
5 Orientación Profesional 3 Obrigatorio
6 Deseño e Avaliación de Programas en Orientación 3 Obrigatorio
7 Diagnóstico en educación 3 Obrigatorio
8 Innovación docente 2 Obrigatorio
9 Iniciación á investigación educativa 2 Obrigatorio
10 Proxectos de Innovación e Investigación Educativa en Orientación Educativa 2 Obrigatorio

 

Módulo Practicum e Traballo Fin de Mestrado
N Denominación Créd ECTS Carácter
1 Practicum 12 Obrigatorio
2 Traballo Fin de Mestrado 6 Obrigatorio