Resultados previstos e a súa xustificación

Non resulta fácil facer previsións, pois carecemos de precedentes, xa que o CAP non pode ser tomado como punto de referencia para estes efectos. 

As condicións de acceso fannos supor que a taxa de abandono será baixa e esta mesma circunstancia, unida ás novas metodoloxías docentes, permite pensar que as taxas de eficiencia e graduacións serán elevadas.

As estimacións consignadas baséanse nas consideracións incluídas na memoria inicial. Este mestrado supón un cambio substancial con respecto aos estudos previos que capacitaban para o acceso ao exercicio da profesión docente no ensino secundario, de modo que o actual CAP non pode converterse en punto de referencia. 

Consideramos que o nivel de esixencia do Mestrado e o cambio nas metodoloxías docentes inherente ao novo modelo universitario, redundará nun maior aproveitamento dos estudos e nunha taxa de éxito relativamente alta.

  • Taxa de graduación: 80
  • Taxa de abandono: 15
  • Taxa de eficiencia: 85

Os centros da Universidade da Coruña teñen un sistema interno de garantía de calidade (SIGC) que facilita os mecanismos para o control destes procesos. Este sistema de calidade está en liña co programa FIDES desenvolvido pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e o programa AUDIT de ANECA, ACSUG e AQU Cataluña. 

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña dispón xa deste sistema de control da calidade, avaliado positivamente pola ACSUG, que concreta os procesos solicitados nesta directriz e que se concreta nos seguintes procedementos:

a) Orientación do progreso e da aprendizaxe

Obxecto. Describe como a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña orienta as súas actividades docentes á aprendizaxe do seu alumnado, partindo de información adecuada para definir as súas necesidades, establecendo mecanismos e procesos que garanten o seu eficaz desenvolvemento e a súa mellora continua.

Desenvolvemento. A Facultade de Ciencias da Educación orienta as ensinanzas cara aos estudantes e para iso dótase de procedementos que permitan comprobar que as accións emprendidas teñen como finalidade fundamental favorecer a aprendizaxe do estudante. En consecuencia:

  • Dispón de sistemas de información, ben directamente dependentes do centro ou dos correspondentes servizos da UDC (SAPE, CUFIE, Cultura e Deportes, UTC, Xestión Académica, Relacións Internacionais etc.) que lle permiten coñecer e valorar as necesidades do centro en materia de: (i) definición de perfís de ingreso/egreso; (ii) admisión e matriculación; (iii) alegacións, reclamacións e suxestións; (iv) apoio e orientación a estudantes sobre o desenvolvemento do ensino; (v) ensino e avaliación das aprendizaxes; (vi) prácticas externas e mobilidade de estudantes; (vii) orientación profesional.
  • Dótase de mecanismos que lle permitan obter, valorar e contrastar información sobre o desenvolvemento actual dos procesos anteriormente citados.
  • Establece mecanismos que regulan as directrices que afectan aos estudantes: regulamentos (exames, sancións, petición de certificacións, validacións etc.), normas de uso (de instalacións), calendarios, horarios e beneficios que ofrece a Universidade.
  • Define como se realiza o control, a revisión periódica e a mellora dos procesos e actuacións relacionados cos estudantes.
  • Determina os procedementos con que se dispón para regular e garantir os procesos de toma de decisións relacionados cos estudantes.
  • Identifica en que forma os grupos de interese participan no deseño e desenvolvemento dos procesos relacionados coa aprendizaxe dos estudantes.
  • Rende contas sobre os resultados da aprendizaxe dos estudantes.

Para cumprir coas anteriores funcións, a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña ten definidos os seguintes procedementos documentados:

PC01 Oferta formativa
PC02 Revisión e mellora das titulacións.
PC03 Perfís de ingreso/egreso e captación de estudantes
PC04 Selección, admisión e matriculación de estudantes
PC05 Orientación a estudantes.
PC06 Planificación e desenvolvemento do ensino
PC07 Avaliación da aprendizaxe
PC08 Mobilidade dos estudantes
PC09 Prácticas externas
PC10 Orientación profesional
PC11 Análise de control de resultados académicos
PC12 Información pública
PC13 Inserción laboral
PA04 Xestión de incidencias, reclamacións e suxestións
PA08 Xestión de expedición de títulos oficiais
PM01 Medición, análise e mellora: Análise de resultados.

b) Resultados da aprendizaxe

Obxecto. Presentar como o centro garante que se miden e analizan os resultados da aprendizaxe, da inserción laboral e da satisfacción dos grupos de interese, así como a toma de decisións a partir deles, para a mellora da calidade das ensinanzas impartidas.

Desenvolvemento. A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña analiza e ten en conta os resultados da formación. Para iso dótase de procedementos que permitan garantir que se miden, analizan e utilizan os resultados da aprendizaxe, da inserción laboral e da satisfacción dos distintos grupos de interese para a toma de decisións e a mellora da calidade do ensino. En consecuencia, ben baixo a responsabilidade directa do centro, ben centralizada nalgúns dos servizos da UDC:

  • Dispón de mecanismos que permiten obter información sobre as necesidades e expectativas dos distintos grupos de interese en relación coa calidade do ensino.
  • Conta con sistemas de recollida de información que faciliten datos relativos aos resultados da aprendizaxe, da inserción laboral e da satisfacción dos grupos de interese.
  • Ten definido como se realiza o control, a revisión periódica e a mellora continua tanto dos resultados como da fiabilidade dos datos utilizados.
  • Determina os procedementos necesarios para regular e garantir os procesos de toma de decisións relacionados cos resultados.
  • Ten identificada a forma en que os grupos de interese se implican na medición, análise e mellora dos resultados.
  • Indica o procedemento (como, quen e cando) seguido para render contas sobre os resultados (memorias de actividades, informes de resultados etc.)

Para cumprir as anteriores funcións, o SGIC da Facultade de Ciencias da Educación ten establecidos os seguintes procedementos documentados.

PE01 Establecemento, revisión e actualización da política e dos obxectivos da calidade
PC01 Oferta formativa
PC02 Revisión e mellora das titulacións
PC06 Planificación e desenvolvemento do ensino
PC11 Análise de control de resultados académicos
PC12 Información pública
PC13 Inserción laboral
PA03 Satisfacción, expectativas e necesidades
PA04 Xestión de incidencias, reclamacións e suxestións
PM01 Medición e análise