Novas

02/05/2022


PREINSCRICIÓN MESTRADO de PROFESORADO
INSTRUCIÓNS PARA O ENVÍO DA DOCUMENTACIÓN. Curso 2022/23

As persoas preinscritas (lembren que hai un PRAZO ÚNICO DE PREINSCRICIÓN) recibirán unha mensaxe por email coa ligazón para acceder a unha aplicación da Facultade, onde deberán subir a documentación solicitada, así como cubrir certos datos. Comprobade todas as carpetas do voso correo electrónico, por se o voso servidor envía esa mensaxe a Spam.

As persoas preinscritas ata o día 12 de maio comezarán a recibir ese enlace a partir do día 16 de maio do 2022, e os preinscritos durante as quincenas posteriores recibirán a mensaxe a partir do remate da quincena correspondente. Os preinscritos nos últimos días do prazo recibirán o día 19 de xullo a mensaxe co enlace. Os solicitantes deberán rematar todo o proceso de subir documentación antes do día 20 de xullo ás 23 horas


Información de interese:
É importante que cada documento en PDF non supere 1.5MB e telos dispoñibles antes de iniciar o proceso de subida:


DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA:

1.    DNI, NIE ou pasaporte, con fotografía e vixente

2.    Título ou certificado do Depósito do título (certificado de telo solicitado) co que se quere acceder ao Mestrado

3.    Certificación Académica Oficial (CAO) ou SET coa nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no RD 1125/2003, de 5 de setembro (ver Art. 5.3)

4.    Para o Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas (excepto itinerario Linguas Estranxeiras): B1 nun idioma estranxeiro.