Novas

08/09/2025


Presentación do Mestrado e distribución de grupos do Módulo Xenérico

Benvido/a ao Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, FP e Ensino de Idiomas da Universidade da Coruña.
Lembrámoste que as clases comezarán o mércores 10 de setembro ás 16 horas. A esa hora haberá unha presentación por parte da Coordinadora do Mestrado e a Coordinadora do Prácticum no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Elviña s/n).


A continuación, se presentarán as materias correspondentes ao Módulo Xenérico (común para o alumnado de todos os itinerarios, onde estaredes distribuidos en 3 grupos:

  • Grupo 1 (Aula 2/1, no 2º andar): de Abad López a Francés Raga
    • Subgrupo 1.1: de Abad López a Coedo Costa
    • Subgrupo 1.2: de Corral Eimil a Francés Raga
  • Grupo 2 (Aula 2/3, no 2º andar): de Freire Fontaíña a Parra Pulla
    • Subgrupo 2.1: de Freire Fontaíña a Llorente Santiago
    • Subgrupo 2.2: de Lobelos Lema a Parra Pulla
  • Grupo 3 (Aula 1/1, no 1º andar): de Paz Varela a Yazicioglu Aybar
    • Subgrupo 3.1: de Paz Varela a Romero Blanco
    • Subgrupo 3.2: de Rubio da Silva a Romero Blanco


Podes consultar os horarios dos tres grupos do Módulo Xenérico e os de cada itinerario en:

https://www.educacion.udc.es/mestrados/secundaria/index.php?pagina=horarios-25-26


Saúdos e benvidos/as
Coordinadora do Mestrado