Benvida

 Este título está regulado polo Estado e responde a unha necesidade social básica: formar o profesorado que permitirá dar satisfacción ao dereito de todos os cidadáns e cidadás á educación, neste caso infantil. Trátase, por tanto, dun título eminentemente profesionalizador.
As disciplinas científicas que conflúen neste campo son diversas: pedagoxía, didácticas específicas, psicoloxía, socioloxía entre outras. De feito, unha boa parte da investigación psicopedagóxica realizada en España nos dous últimos séculos está directamente vinculada á formación do profesorado de ensino infantil e primaria.
O Grao en Educación Infantil é un título da Facultade de Ciencias da Educación. Pertence á área de Ciencias Sociais e Xurídicas, cunha duración de catro anos e 240 créditos ECTS na súa totalidade.
Os estudos de Maxisterio teñen unha longa tradición académica e coa actual reforma prodúcese un importante avance: a súa equiparación co resto das titulacións universitarias.

Coordinadora:

M.ª Dolores Cotelo Guerra

Contacto:

Correo-e: dolores.cotelo@udc.es
 

Accesos directos: