PAT

Plan de Acción Tutorial 

O PAT ofrece unha orientación académica, socioprofesional, persoal e administrativa, para apoiar o proceso de aprendizaxe do alumnado durante a súa formación, dende o ingreso na Facultade ata que finalicen os estudos.

Documento completo del PAT


"MENTOR-EDU"

No marco do Plan de Acción Titorial (PAT) da Facultade de Ciencias da Educación, cada curso de desenvolve o Programa de mentoría “Mentor-EDU”. Nel poden participar tanto estudantes como profesorado.

ESTUDANTES:

  • Mentorizadas: De 1º e 2º curso de calquera dos títulos de Grao da Facultade
  • Mentoras: De 3º, 4º curso de Grao; Mestrado ou Doutoramento


PROFESORADO:
Persoas titoras que forman parte do PAT e queren ser mentoras de mentoras (conselleiras). Para participar como persoa mentora ou conselleira será necesario acreditar experiencia ou formación en mentoría.

Formulario de inscripción para TODAS AS FIGURAS (mentorizadas, mentoras e conselleiras)

As que foron persoas mentoras ou conselleiras nas edición anteriores do programa non é necesario que se inscriban nese formulario. Xa se conta con elas para continuar co mesmo labor. No caso de que alguén queira causar baixa no programa, debe comunicalo a vicedecanato.tfg.educacion@udc.gal


Titores/as 

As persoas de referencia no PAT serán o/a cooordinador/a do curso e o/a profesor/a titor/a. Cando queiras empregar este servizo de titorización deberás acudir ao coordinador/a do curso, quen recibirá as túas consultas e as derivará, de ser o caso, a proferor/a titor/a, ou ao persoal do servizo máis apropiado.

Ligazón as persoas titoras

Folleto

FAQS y Guía docente