Benvida

Este título está regulado polo Estado e responde a unha necesidade social básica: formar o profesorado que permitirá dar satisfacción ao dereito de todos os cidadáns e cidadás á educación, neste caso primaria. Trátase, por tanto, dun título eminentemente profesionalizador.
As disciplinas científicas que conflúen neste campo son diversas: pedagoxía, didácticas específicas, psicoloxía, socioloxía etc. De feito, unha boa parte da investigación psicopedagóxica realizada en España nos dous últimos séculos está directamente vinculada á formación do profesorado de ensino infantil e primaria.
Os estudos de Maxisterio teñen unha longa tradición académica e coa actual reforma prodúcese un importante avance: a súa equiparación co resto das titulacións universitarias.

Coordinador:

 Juan José Lorenzo Castiñeiras 

Contacto:

Correo-e: j.lorenzo.castineiras@udc.es
 

Accesos directos: