Os estudos de grao en Educación Social forman a profesionais que, con mirada crítica, creativa e comprometida, promoven procesos de mellora persoal e social desde a acción socioeducativa.
Esta titulación capacita para comprender e analizar os factores (educativos, sociais, políticos, económicos, culturais, ambientais) que limitan e favorecen o acceso aos dereitos e a calidade de vida das persoas, desde unha actitude responsable e un compromiso ético coa xustiza social e ambiental.
Recoñecendo a enorme diversidade de ámbitos de exercicio profesional, forma e habilita para o deseño, aplicación e avaliación de plans, programas e proxectos que contribúen ao desenvolvemento integral, á participación e á promoción social de persoas, grupos e comunidades.
María Barba Nuñez
Correo-e: maria.barba@udc.es