Innovación docente

Coordinador/a: María Barba Núñez
Titulo da iniciativa: Promoción da lingua galega
Equipo/persoa docente referente, contacto: Propostas impulsadas por docentes do grao en educación socialÇ
Entidade colaboradora: Servizo de Normalización Lingüística da UDC
Breve resumo: O Plan Piloto da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística para a docencia en galego nos Graos, desenvolto entre os anos 2019 e 2021, buscou favorecer a docencia en galego nas universidades do SUG, partindo do recoñecemento de certo retroceso na presenza do galego como lingua vehicular na oferta académica das tres universidades galegas. No caso da UDC, foi a titulación de Grao de Educación Social a escollida para a aplicación deste plan, tanto polas boas condicións iniciais de presenza de galego como lingua vehicular nas materias do plan de estudos, como polo interese da titulación como formadora de profesionais que van desenvolver o seu traballo profesional en sectores estratéxicos da sociedade que teñen un efecto multiplicador no que atinxe á normalización e dinamización da lingua e da cultura galegas. Foi a coordinadora de grao naquel momento, xunto con outro profesorado comprometido coa defensa da lingua, quen conseguiron situar á nosa titulación entre as escollidas.
Se ben o respaldo deste Plan por parte de Consellería xa rematou, a aposta do Grao por esta liña de traballo segue vixente e, contando co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da UDC, acompañamos anualmente diferentes accións formativas dirixidas ao impulso do uso da lingua galega. Os obxectivos das mesmas son: reforzar a docencia en lingua galega; mellorar a competencia lingüística en galego do alumnado e do profesorado; e comprender e valorar o uso do galego no ámbito profesional como ferramenta para a normalización da lingua propia de Galicia.
Desenvólvense actividades en diversas modalidades: debates, parladoiros con profesionais, obradoiros prácticos, actividades culturais, etc., todas elas orientadas a darlle á lingua en galego.
Enlace á web da iniciativa, materiais de difusión, web da entidade colaboradora:  Pódense seguir as actividades a través do apartado de Novas


 

Coordinador/a: Laura Cruz López
Titulo da iniciativa: Historias de vida, territorio e vulnerabilidade: cartografías sociais e emocionais sobre o dereito ao hábitat na cidade da Coruña
Equipo/persoa docente referente, contacto: Laura Cruz López laura.cruz@udc.es
Entidade colaboradora: Arquitectura sen Fronteiras
Breve resumo: Experiencias de aprendizaxe-servizo realizadas en terceiro curso de Educación Social da man de Arquitectura sen Fronteiras e diferentes entidades da cidade da Coruña que traballan con poboación vulnerada.
A primeira iniciativa de cartografía social (curso 2017-2018) tiña como obxectivo visibilizar a exclusión residencial, vinculándoa coa non satisfacción do dereito ao hábitat. Para elo, o alumnado mapeou a cidade identificando escenas de senfogarismo e factores de exclusión residencial; rexistrou entidades e recursos destinados a atender esta situación, confeccionando un mapa de recursos; e entrevistou a profesionais da rede e persoas en situación de vulnerabilidade, recollendo as súas voces en relación á satisfacción do dereito ao hábitat. Coa información recadada realizouse unha exposición pública en diferentes espazos da Universidade e da cidade, para sensibilizar e concienciar sobre esta realidade.
Na segunda e terceira experiencia (cursos 2018-2020) traballouse a dimensión emocional do dereito ao hábitat. Co propósito de mudar o estigma que acompaña ás persoas en situación de vulnerabilidade, visibilizouse aquilo que nos une: o espazo que habitamos e as emocións. A partir de entrevistas a persoas en situación de senfogarismo, privación de liberdade e prostitución, o alumnado construíu relatos de pasado, presente e futuro, que narran vivencias e vinculacións emocionais de persoas vulneradas co territorio. O resultado é un gran mapa colaborativo e subxectivo dos afectos, que se pode consultar nas seguintes ligazóns:

  • Mapa 2018-2019: https://www.google.com/maps/d/u/0/edit?mid=1z0BU3lTELlNAiaFebusxi3ym67MXQ_cO&usp=sharing
  • Mapa 2019-2020: https://www.google.com/maps/d/u/0/edit?mid=1OaJwTVxY-QP4PmV9gR_xvEkRt_D3DGxt&usp=sharing

Os resultados presentáronse ademais en dúas salas cartográficas, ideadas como un espazo de encontro no que se buscaba que as persoas participantes conectaran emocionalmente desde a proximidade das narrativas, intercambiando vivencias e enriquecendo o mapa con novas voces, historias e realidades.
Enlace á web da iniciativa,

  • https://www.galicia.asfes.org/a-exposicion-cartografia-social-do-dereito-ao-habitat-na-cidade-da-coruna-en-pdf/
  • https://www.galicia.asfes.org/cartografias-sociais-habitando-ep-21/
  • https://www.galicia.asfes.org/exposicion-historias-de-vida-territorio-e-vulnerabilidade/
  • https://criticaurbana.com/cartografia-social-do-dereito-ao-habitat-na-cidade-da-coruna

Outra información: As tres iniciativas de APS obtiveron o primeiro premio de Innovación Docente en APS da UDC nas convocatorias 2019 e 2021


 

Coordinador/a: Laura Cruz López
Titulo da iniciativa: Cartografía corporal: dos discursos de odio a un lecer compartido
Equipo/persoa docente referente, contacto: Laura Cruz (laura.cruz@udc.es) e María Barba (maria.barba@udc.es"¡)
Entidade colaboradora: Rede Acampa pola paz e o dereito ao refuxio 
Breve resumo: A Cosmovisión Maia explica que somos seres integrais conformados por catro dimensións ligadas entre si, cuxa harmonización leva á plenitude de vida. Partindo deste saber ancestral, na materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables, exploramos como afectan os discursos de odio ao noso benestar, identificando as repercusións en cada unha das esferas da integralidade humana:

  • na mental, a das crenzas e pensamentos que interiorizamos e reproducimos; 
  • na emocional, das sensacións, temores e desexos; 
  • na espiritual, referida á relación con nós e co resto de seres do planeta; 
  • e na física, onde se manifesta o estado das outras tres dimensións.

Fixémolo mediante cartografías corporais como exercicio de auto coñecemento, no que tomar conciencia do propio corpo entendido como territorio, e da forma en que é atravesado polo que acontece no seu arredor.
Desta forma, o alumnado ilustrou e narrou de forma individual os impactos das violencias discursivas nos seus corpos, traspasando despois as propias fronteiras para construír un relato colectivo xunto coas compañeiras e compañeiros de clase. Nun segundo momento, levaron a experiencia a 13 entidades sociais, dinamizando cartografías corporais colaborativas con persoas vulneradas, que reflexionaron e compartiron as súas vivencias, representando graficamente as consecuencias dos discursos do odio nunha silueta común. 
Pero os corpos tamén poden ser (e son) a orixe da resistencia, con capacidade de accionar e transformar. Así, coa finalidade de subverter as narrativas que difunden, incitan, promoven ou xustifican o odio ou desprezo, na materia de Recursos de estratexias de intervención no tempo libre, o alumnado xerou espazos de convivencia a través do lecer, promovendo outras formas de relacionarnos.
O lecer, como dereito humano, conéctanos con moito do que fai valiosa a vida. Para elo debemos facer desa experiencia unha oportunidade para saír de dinámicas alienantes do cotián, para permitirnos Ser, coas outras persoas e en contacto co medio. Implica darnos permiso para expresarnos e crear dende outras linguaxes, conectar coa arte, xogar e experimentar.   
Mediante propostas de ocio de diversa natureza, xeráronse encontros improbables nos que rachar coas fragmentacións sociais impostas, promovendo a creación de vínculo a través de vivencias pracenteiras, de desfrute e goce. Supuxo unha oportunidade para xerar outras narrativas, que orientan cara a harmonía e o bo vivir.  "
Enlace á web da iniciativa,

  • https://www.ecigal.gal/cartografia
  • https://coruna.redeacampa.org/gl/

Outra información: As tres iniciativas de APS obtiveron o primeiro premio de Innovación Docente en APS da UDC nas convocatorias 2019 e 2021


 

Coordinador/a: Juan Alberto Sucasas Peón
Titulo da iniciativa: El papel de la filosofía en la formación del educador social
Equipo/persoa docente referente, contacto: Juan Alberto Sucasas Peón (PDI del área de Filosofía)
Entidade colaboradora
Breve resumo: De la filosofía no cabe esperar que ofrezca ni conocimientos definitivos (es una disciplina donde problemas e interrogantes prevalecen sobre soluciones y respuestas) ni destrezas prácticas. ¿Qué puede ofrecer? Un trabajo, de carácter crítico-reflexivo, sobre nuestros conocimientos y nuestras prácticas. Dada la voluntad esencial de intervención en la realidad social de los educadores sociales, esa dimensión crítico-reflexiva enriquece la formación del grado.
Outra información: En materias como "Antropología de la Educación" puede establecerse una fructífera conexión entre desafíos del educador social (fallos en el proceso de socialización; la problemática multicultural; la lucha contra los estereotipos...) y las aportaciones del pensamiento filosófico, que contribuyen a plantear esos problemas con un sentido crítico y reflexivo. En esa medida, la lectura de clásicos filosóficos se integra con éxito en la formación del educador social.