Grupo de Traballo en Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias da Educación, constituido o 28 de setembro de 2020. Aberto á libre participación de alumnado, profesorado e persoal de servizos da Facultade.
Os nosos propósitos son:
Contáctanos en: igualdade@nube.udc.es
Enlace: https://rompendoregras.wordpress.com/
Nébeda é un club de lectura e encontros literarios creado pola Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación para ler e compartir.
Ten como finalidade a creación de hábitos lectores entre estudantes da Universidade, ao tempo que fomenta a utilización da lingua galega e o coñecemento da nosa literatura contemporánea.
O Club xa leva 10 anos de andaina e, sendo que con cada lectura temos encontro co autor ou autora, quer dicir que polo noso club pasaron xa 50 autoras ou autores das nosas letras. Un luxo, a verdade.
Todo proceso de de aprendizaxe no ensino superior debe pasar por unha competencia lectora, definida pola OCDE como a de “comprender, utilizar, reflexionar e interesarse polos los textos escritos, para acadar os propios obxectivos, desenvolver o coñecemento e potencial personais, e participar na sociedade”, que debe ser intelectiva, crítica e creativa. Unicamente dende esta lectura o alumnado será quen de analizar a literatura científica. Para chegar a ela é imprescindible crear un hábito lector na Universidade, no que se implique toda a comunidade (docentes, PAS e alumnado). Nébeda quere ser un lugar de encontro, arredor da lectura, interxeneracional e entre os distintos grupos da comunidade universitaria. En liña con esa consideración da súa potencialidade formativa, a participación no Club por parte das e dos estudantes supón o recoñecemento de 2 créditos ECTs.
Nébeda promove a utilización da lingua galega e potencia o achegamento á narrativa, poesía, teatro ou banda deseñada contemporáneas en galego. Procura tamén o diálogo con outras artes, como o cine, realizándose sesións debate cinematográfico. Pretende a interación cos textos, chegando á creación dunha obra propia (texto, imaxe fotográfica ou video).
Os PICs (Puntos de Información Colexial) son unha vía de comunicación entre o Colexio profesional de Educadoras e Educadores Sociais e quen estades a formarvos para exercer esta profesión. Son dinamizados por estudantes de forma voluntaria, e ti podes sumarte á equipa!
Ademais, estas e estes estudantes dinamizadoras/es dos PIC benefícianse de ser Amigas/os do Ceesg sen pagar a cota correspondente, e colaboran co colexio adquirindo o compromiso de:
Queres ser dinamizador/a do PIC? Só tes que enviar a documentación para facerte amiga/o do Ceesg, indicando que queres formar parte do PIC.
Enlace a Redes: .....
Enlace: https://ceesg.gal/amigas-os-do-ceesg-2/
Somos Guillermo Rancho González e María Pérez López, representantes de estudantes, elixidos cada dous anos. A labor da representación consiste en dar voz ás inquedanzas e propostas do estudantado da nosa facultade na toma de decisións, votacións e achegar información de interese ás persoas compañeiras. Participamos en Xunta de Facultade (á que tamén poderedes achegarvos), nas comisións e procesos electorais. Para consultar dúvidas, achegar propostas e participar na representación, podemos contactar a través de correo e reunirnos no espazo de estudantes. É importante que o alumnado nos impliquemos para coñecer os nosos dereitos, os procesos nos que podemos participar e facer nosa a facultade na que nos desenvolvemos como profesionais e como persoas.
Escribídenos a guillermo.rancho.gonzalez@udc.es ou maria.perez.lopez@udc.es
Vémonos polos corredores! Animádevos a participar! Canta máis presencia teñamos, máis forza faremos! Nós somos a Universidade! Non nos conformemos. Podemos construír unha comunidade universitaria transformadora.