Novas

29/07/2026

 

XORNADAS PARA A PRÁCTICA PROFESIONAL REFLEXIVA
Co inicio do próximo curso , a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña celebrará as Xornadas para a Práctica Profesional Reflexiva, dirixidas ao alumnado de 4º curso dos Graos de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Social. 
Estas xornadas constitúen un espazo formativo de preparación e acompañamento para o desenvolvemento do Prácticum II, favorecendo a reflexión sobre a práctica educativa, o coñecemento dos contextos profesionais e a adquisición de ferramentas que contribúan a unha experiencia formativa de calidade nos centros educativos.
Ao longo das sesións, o alumnado poderá achegarse a diferentes perspectivas profesionais, coñecer experiencias e recomendacións de especialistas e profundar na importancia da análise reflexiva como elemento clave para a construción da identidade docente.