Publícanse as listaxes provisionais de candidaturas admitidas e excluídas para a renovación das comisións da Xunta de Facultade.
O prazo de presentación de reclamacións estará aberto do 14 ao 16 de outubro de 2026, ata as 14:00 horas. As reclamacións deberán remitirse por correo electrónico ao enderezo secretaria.educacion@udc.gal e serán resoltas pola Decana.
As listaxes definitivas publicaranse na páxina web da Facultade o 21 de outubro de 2026.